Santiago estrea Paso de Vaca polo Día de Galicia

26 de Xullo de 2021

Baixo o lema Galicia, terra de vacas, conmemoramos o 25 de xullo
Santiago de Compostela se convierte en la primera ciudad del mundo con un Paso de Vaca permanente
Santiago de Compostela convertiuse na primeira cidade do mundo cun Paso de Vaca permanente para peóns. Na inauguración estiveron presentes varios concelleiros da corporación e dúas das socias de Casa Grande de Xanceda.



O Paso de Vaca está ubicado na Praza Roxa agardando que vaias cruzalo! Ubicámolo aí porque, durante moitos anos, a feira de gando de Santiago estaba preto.

E por que o 25 de xullo? Pois porque é o Dïa de Galicia e Galicia é terra de vacas. As vacas forman parte da vida dos galegos, sobre todo no rural, e o paso de vaca na cidade é un xeito de reivindicar a vida rural, o traballo dos gandeiros e a importancia dos produtos de proximidade. E, por suposto, a vaca represéntanos moOoito mejor que la cebra (aínda que non temos nada en contra destas últimas). 

Festa para celebralo

Para celebrar o Día de Galicia y el Paso de Vaca, instalamos unha súper carpa con degustación e actividades ao carón do noso paso durante todo o 25. 

ToOodos os minivisitantes marcharon da nosa carpa tras ordeñar á vaca Rosalía cun globo de vaca (biodegradable, claro!) e un dos nosos bebibles multifrutas. Os maiores desfrutaron dun fresco xeado. 


E todos pasaron por un mural no que escribiron que era para eles o rural. Nós témolo claro: O rural é todo!

Un paso de vaca xacobeo

Para poñer la guinda ao pastel, unimos o noso Paso de Vaca coa peregrinación. Como? Pois convertemos a nosa carpa na última parada para selar a compostelana, toooma!

Queres saber onde podes cruzar máis pasos de vaca ou saber moOoitas máis cousas desta iniciativa? Pois visita a nosa web www.pasodevaca.com
Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital