Revisamos as caixas niño da nosa granxa, hai case 50!
O noso
compromiso coa biodiversidade e o benestar animal abarca tooooda a nosa contorna. Por iso revisamos, anualmente, coa indispensable colaboración do
Grupo Naturalista Hábitat, as 48 casas niño
que temos instaladas en Casa Grande de Xanceda.
Revisións feitas, as casas niño xa están listas para habitar!
Nesta limpeza
hixienizamos as caixas e retiramos os niños anteriores, para evitar problemas de parásitos de antigos niños e que así queden perfectamente preparadas para habitar e aniñar nelas as diferentes aves da nosa contorna. Ademais aproveitamos para revisar o estado no que se atopan as estruturas e reparalas, se é preciso, coa axuda do Grupo Naturalista Hábitat.
El paxaro carpinteiro, un pillo
Dos niños para aves, o
80% tiñan indicios de cría ¡Guuuau! ¿E que acontece cos que non? ¡Pois moitas delas estaban
picadas polo paxaro carpinteiro! Peeeero os nosos amigos de Hábitat déronnos unha solución: poñer unha placa de metal sobre a zona onde está o buraco de entrada para que este paxaro tan pillabán non poida deterioralos. Desafortunadamente, quedaron sen hóspedes un dos hoteis para paporroibos e dous para andoriñas… ¡Parece que os peches perimetrais afectaron a todo o mundo!
Ratos mOoOoOi listos
Por segundo ano consecutivo, unha familia de ratiños silvestres okupou unha de das caixas para estorniños. Así non teñen que traballar para construír a súa tobeira, son los máis listos da granxa. Con todo, e sen previa consulta aos paxaros, decidimos que lles deixamos seguir no seu rollo okupa.
E ademais destes ratos intelixentes, temos uns
morcegos moi tímidos, aínda non se atreveron a probar os nosos hoteliños con encanto. Se cadra movémolos para ver se, con outras vistas, se animan.
Novas casas niño para abellas silvestres
Como novedade este ano introducimos
caixas para abellas silvestres. ¿Por que? Pois porque son mOoOoi importantes para a polinización e isto é moi importante para axudar á biodiversidade. Xa temos todo listo e a partir de primavera serán habitadas por estas raíñas da polinización.