01 de Novembro de 2017
Outubro do ano 2017. Galicia. 264 incendios. 49000HA queimadas. Centos de animais desamparadosEn outubro do 2017 máis de 49000 hectáreas foron arrasadas pola vaga de lumes que sufriu toda Galicia.
264 incendios queimaron os nosos montes e deixaron sen fogar e alimento a centos de animais, pero non conseguiron apagar a solidariedade do noso pobo!.
Axudar a reforestar os montes queimados é moOoi importante para que esa zona volva a gozar dunha fermosa biodiversidade, vexetal e animal.
Para contribuír a esta rexeneración creamos a iniciativa “Que Galicia vuelva a brillar” para axudar á recuperación dos montes galegos.
En colaboración coa Comunidade de Montes de Matamá, e coa axuda de moitos visitantes á nosa granxa realizamos un obradoiro de plantación, de forma solidaria, con sementes de árbores autóctonas que servirán para reforestar os montes queimados. Carballo, freixo, pradairo e érbedo son algunhas das especies que xa plantamos, moi pronto faremos un novo obradoiro de plantación de sementes de acivro.
Desde agora e ó longo de dous anos, nós encargarémonos de coidar estas árbores que finalmente devolveremos á Comunidade de Montes de Matamá para, con elas, reforestar os montes queimados.
Unha árbore é un gran proxecto, as árbores axudarán a reparar a natureza danada polos arrasadores incendios e volverán dar refuxio e alimento aos centos de animais que se quedaron sen o seu fogar.
Estamos convencidos de que xuntos conseguiremos que Galicia volva brillar!
Proxecto realizado en colaboración coa Asociación de Montes de Matamá
