17 de Xaneiro de 2020
Comeza un novo proxecto educativo para fomentar o emprendemento entre a xuventude.
O instituto Nº1 de Ordes acolleu este xoves día 16 de xaneiro a primeira formación sobre emprendemento no rural, Dá o Paso, co obxectivo de motivar ao alumnado para ser futuros emprendedores. A través dunha formación moi dinámica e participativa os alumnos aprenderon que ser emprendedor no rural engadindo valor a un proxecto é posible e que o tecido empresarial é fundamental para loitar contra a despoboación que está a asolar centos de aldeas de Galicia.

A formación contou con uns invitados moi especiais: Elena Ferro, Gerardo Lagares, Pepe Sotelo e Carla Varela, todos eles emprendedores de éxito no rural cos seus proxectos Eferro, Naturavia y Orballo. A través de vídeos contáronlles a súa a experiencia desenvolvendo un proxecto afincado no rural e aconsellaron a aqueles que se animen no futuro a comezar o seu propio proxecto.

Para coñecer máis sobre esta formación ou reservar unha data entra na súa páxina web.
Este proxecto educativo Dá o paso, emprende no rural é unha iniciativa totalmente gratuíta, impulsada por Casa Grande de Xanceda e que forma parte do movemento Paso de Vaca co que pretende reivindicar o rural e a vaca como símbolos de Galicia.

