10 de Xuño de 2019
Escolle o nome que máis che guste: o da túa cantante favorita, o do influencer que segues, o do teu amigo, ou o teu noivo... e regálallo a un dos nosos becerriños
Os nosos becerriños buscan nome!
Coa compra de tres produtos JUNIOR podes poñerlle o nome que ti queiras a un dos nosos becerriños
Os pequenos da granxa comprometéronse a enviar, en agradecemento, unha postal co seu nome e a súa firma
Durante este mes de xuño irán chegando ás tendas ecolóxicas e supermercados os produtos da nosa gama JUNIOR que levan a un becerriño como protagonista cunha petición moi sinxela: "Ponlle nome ao teu becerriño".

Un nome para un becerriño
Escolle o nome que máis che guste: o da túa cantante favorita, o do influencer que segues, o da deportista que admiras ou o teu concursante de Mastechef favorito, o que ti queiras! e envíallo de agasallo a un dos nosos becerriños, como? Agora cho contamos:

Ponlle nome a un becerriño

Ponerlle o nome que máis che guste a un dos nosos becerriños é moOoooi fácil, son sól dous pasos:
Debes xuntar 3 códigos que atoparás nos seguintes produtos Junior.
Introduce os códigos, os teus datos e o nome que escolleras en www.casagrandexanceda.com/junior
E listo!
Que pasa despois? Nuns días recibirás na túa casa (por esta razón é moOooi importante que poñas ben a túa dirección postal) unha foto do becerriño que recibiu o teu nome, asinada coa súa pezuña!


Participa cos produtos da gama JUNIOR
Para participar nesta iniciativa tan divertida e enviar o teu nome a un dos nosos becerriños debes comprar 3 dos nosos produtos infantís, da gama Junior, concretamente estes:

Yogur Junior con mazá e plátano
Yogur Junior con fresas
Yogur Junior con melocotón e cenoria
Ele Junior con vainilla
Ele Junior con fresas
Bolsiñas para levar con iogur e froita
Bolsiñas para levar con iogur, cenoria e froitas
Bolsiñas para levar con cacao e leite
