Plantación de árbores

26 de Febreiro de 2020

Axudamos a medrar ós nosos bosques
Cada ano plantamos casi 500 árbores na nosa granxa e axudamos a conservar o bosque autóctono

Plantamos árbores e conservamos o noso bosque autóctono 

Dende a fundación da nosa granxa en 1968, o benestar dos animais e o medio ambiente foi a nosa prioridade. Por eso cada ano plantamos case 500 árbores autóctonas para axudar a medrar aos nosos bosques e a conservar o medio ambiente. 

 

Vicente e José Antonio plantan máis de 300 árbores en xaneiro de 2020


As árbores limpan o aire, combaten o quecemento global, preveñen a erosión do solo, son refuxio de centos de animais... as árbores son moi importantes para combater os problemas ambientais e poder lograr un equilibrio ecolóxico do planeta!

Ademais as nosas vacas desfrutan cada día paseando entre as árbores que hai nos nosos prados e bosques, con razón viven tan tranquilas e felices!

 

 

 


No noso 50 aniversario decidimos celebralo ó grande: plantando un bosque conmemorativo de carballos e bidueiros! 50 pares de mans voluntarias axudáronnos a conseguilo, foi unha experiencia incrible, todos debemos plantar polo menos unha árbore na nosa vida!


 

Ademais en outubro de 2017 máis de 49.000 hectáreas foron arrasadas polos incendios que sufriu toda Galicia. Pensamos que non podiamos quedarnos de brazos cruzados ante esta situación e por este motivo creamos a iniciativa “Que Galicia vuelva a brillar” co fin de contribuír na rexeneración e recuperación dos montes galegos. Plantamos sementes de árbores ca axuda dos nosos visitantes e durante dous anos coidamos destas 500 árbores, ata que chegou o momento de entregarllos á Comunidade de Montes de Matamá no ano 2019 para ser plantados nos seus montes, e axudar así á reforestación das zonas que foran queimadas.



 

 


Só temos un Planeta, coidémolo! 
 










 

Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital