09 de Outubro de 2024
As protectoras xogan un papel fundamental na loita contra o abandono, por iso doaremos eses 4.000 euros ás protectoras Refuxio de Bando (Santiago) e Zooasis (Albacete), 2000€ a cada unha delas.
Protectoras como Bando e Zooasis sacan os peludos da súa situación de abandono, cúranos, aliméntanos, dálle cariño e, o máis importante, búscanlles casa e unha segunda oportunidade.

Na Casa Grande de Xanceda temos tres compromisos fuUundamentais: o compromiso coa natureza, o compromiso co rural e o compromiso cos animais. Fixemos outras campañas para fomentar a adopción como Iogures pola Adopción e tamén a favor de protectoras como Canhelado.
Ademais, Malibú e Mazapán percorren os coles de toda Galicia ensinando aos nenos a tenza responsable de animais e a importancia da adopción fronte á compra.


