24 de Febreiro de 2020
Para reivindicar o noso rural
Paso de Vaca é moito máis que unhas manchas de vaca pintadas no chan. Literalmente é o cambio do paso de cebra ó Paso de Vaca, pero o trasfondo é moito maior. Paso de Vaca é a forma de acordarnos dunha parte tan nosa que non merece pasar desapercibida: o rural galego.
Podes coñecer as últimas novas desta iniciativa de compromiso co rural na páxina web de proxecto.
Nas cidades atopamos os típicos pasos de cebra como sinal internacional para marcar o cruce de peaóns. Con respecto e cariño a todas as cebras, pedimos que en todas as cidades ou centros urbanos de Galicia teñan, a lo menos, un PASO DE VACA en lugar do paso de cebra, é dicir un paso que en lugar das típicas raias de cebra teñan as manchas representativas das vacas leiteiras.

O significado dun paso de vaca
Cruzar un paso de vaca é unha experiencia completamente diferente que cruzar un paso típico de cebra. Por varias razóns: primeiro, faite pensar en porque ten manchas de vaca, probablemente che xenere un soriso, e podes cruzalo saltando de mancha en mancha!
Pero no é a experiencia ou a estétita: é o que significa! En Galicia somos casi 3 millóns de persoas e casi un millón de vacas. Con tantas vacas e tan bos pastos, non é raro que Galicia sexa unha potencia leiteira. Galicia é o territorio que máis leite produce de toda España e o décimo no ranking europeo, e nesta misión están máis de 8.400 familias que se adican directamente á gandería leiteira e podemos multiplicar por 2 ou por 3 os empregos que xenera de forma indirecta.
E a pesar de todo esto, a despoboación en Galicia crece, e xa hai máis de 63 concellos galegos onde viven máis vacas que persoas! Co que o sector produtivo leiteiro adquire máis importacia todavía converténdose nun dos principais motores de asentamento de poboación no rural.
Por todas estas razóns e moitos anos de relación e historia cas vacas, este animal convertiuse nun símbolo, nunha icona de Galicia, tanto como a choiva, a muiñeira ou o polbo ;)
Esta é unha iniciativa de Casa Grande de Xanceda para a revalorización do rural.
Máis sobre esta iniciativa de Paso De Vaca:
> Galicia ¡somos la leche!
> Inauguramos o primeiro Paso De Vaca da Historia
