Paixón polo trevo

18 de Maio de 2021

As nosas pradeiras están cheas de trevo e iso fainos moOoi afortunados
O trevo é unha planta leguminosa que ten a capacidade de traer nitróxeno do aire e fixalo ao chan e, ademais, é suUuper para a alimentación das nosas vacas
Nas pradeiras ecolóxicas  de Xanceda nacen moOoitos trevos. Isto fainos suUuper afortunados e non precisamente polos trevos de catro follas. .

Os trevos son plantas denominadas "fixadoras de nitróxeno". Que quere dicir isto? Pois que o resto de especies reciben "gratis" este nitróxeno só por estar preto dos trevos... guaaaaauuu! As plantas precísano porque é un nutrinte esencial no desenvolvemento de calquera cultivo. 

Un suÚuper alimento para as vacas felices

Ademais de bos para outras plantas, os trevos son un alimento bruUutal para as nosas vacas. Estudos do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo confirman que legumes como o trevo permiten incrementar a produción de leite entre un 6 e un 8 por cento, ademais de mellorar o perfil graxo do produto co que obtemos leite con maior valor engadido. As vacas alimentadas con trevo producen máis Omega3.

E isto non remata aquí!

Ademais de tooooodo o que che contamos, grazas ao trevo, as pradeiras de Xanceda:
  • Contan cunha boa retención de humidade e o chan queda protexido dos raios máis perniciosos do sol.
  • Ten unha baixa erosión porque as raíces do trevo axudan a manter o chan no seu sitio.
  • Posúen moitos acubillos
Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital