07 de Xaneiro de 2026

O fútbol feminino rural precisa visibilidade, apoio e referentes. Porque o talento non entende de códigos postais, e nos pobos tamén hai xogadoras que adestran, loitan e soñan en grande. Apoiar ao S.E. Abellá SDC é apoiar a mulleres que defenden o deporte desde o territorio, con valores como o compañeirismo, a constancia e o orgullo de pertenza.
Este patrocinio non é só un logo nunha camiseta. É unha maneira de reforzar o noso compromiso co rural, co deporte feminino e cun estilo de vida activo e saudable, valores que compartimos plenamente co equipo. Estaremos presentes no campo e na equipación durante toda a tempada, acompañando ás xogadoras dentro e fóra do terreo de xogo.
Desde Casa Grande de Xanceda seguiremos apoiando iniciativas que poñan en valor o talento local e feminino, demostrando que no rural tamén se xoga, se compite e se soña en grande.

