06 de Xullo de 2018
Renovamos o packaging dos nosos iogures ecolóxicos
As conclusións dun estudo con lentes eye tracking e mapas de calor foron as principais guías para o cambio.

Para os que xa coñecen os nosos iogures ecolóxicos, decataranse dun lixeiro cambio no deseño do cartonciño agrupador porque ¡estrean estilo! Xa lles podes botar un ollo a todos os packs de iogur ecolóxico. Ademais de innovar e desenvolver novos produtos este ano, planteamonos un re- styling do packaging de todos os iogures para o que utilizamos ferramentas innovadoras como o eye tracking.
Restyling dos iogures
O obxectivo do restyling dos iogures elaborados con leite de vacas felices, como nos gusta dicir, é conseguir un deseño que se identifique facilmente cun produto de alta calidade e ecolóxico, sen perder a identidade visual que durante máis de cinco anos estivo nos lineais dos supermercados e tendas ecolóxicas e, que ademais, conseguise unificar o estilo entre as máis de 16 referencias onde xa se operou o cambio.
Conseguímolo limpando o deseño do packaging e dotándoo de máis sinxeleza cunha clara arquitectura de contido, mellor calidade das fotografías das froitas e unha gran mellora da lectura da palabra “ecolóxico”.

Estudo previo
Para realizar este restyling con éxito realizamos un estudo previo con lentes de “ eye tracking” no punto de venda. O innovador sistema consiste en vestir unhas lentes que pintan un mapa de calor con maior ou menor intensidade nos puntos onde nos fixamos de forma máis concreta co obxectivo de concretar que é o que lemos e que é o que non lemos cando imos facer a compra.

As conclusións deste estudo axudáronnos a definir as pautas que debiamos seguir para enfocar este redeseño con éxito, encantaríanos saber a túa opinión así que non dubides en escribirnos para contarnos -> info@casagrandexanceda.com ;) .
O cambio nos demais produtos
O cambio dos iogures ecolóxicos, xa se produciu e xa se pode atopar o novo estilo en todas as tendas ecolóxicas e supermercados, unha substitución que tivo lugar durante os dous pasados meses. Agora tócalle a quenda aos demais produtos: queixos, bebibles, leite… traballo que estamos realizando e que irá aparecendo no punto de venda aos poucos ao longo deste ano e principio do seguinte.

