Este ano introducimos unha novidade nas nosas caixas-niño: dúas para abellas silvestres!.
Como axudan as caixas?
Estes hoteliños con encanto son un lugar seguro para as femias das abellas silvestres solitarias. En canto ven un sitio taaaan guai, establecen alí os seus niños!.
E por que nos interesa que se acheguen á nosa granxa?
Porque nos ofrecen un importante servizo: estas femiasde abella silvestre recollen o pole das flores para as súas larvas. Unha vez o recolectan, déixano neses ocos que podes ver na foto canda unha larva. Cando esta nace aliementarase dese pole que a súa nai recolleu para ela... ¡¡guaaau!!
Unhas polinizadoras de escándalo
A importancia destas abellas é que recollen o pole de xeito moOoi efectivo. O motivo é que as abellas de mel, que viven en colmeas, mesturan o pole con néctar e saliva para que non lles escapen graos ao voar. Pero as abellas silvestres pasan de facer iso da saliva e simplemente recollen o pole nos pelos do seu corpo... e aquí está o seu truco!: ao ir visitando as flores cáenlles moOoitos graos e por ese motivo son unhas polinizadoras de 10.
Por outra parte, a diferenza da abella da mel, non teñen obreiras, só machos e femias. Neste tipo de caixas só teremos unhas especies concretas: aquelas que crían en ocos.

Coa colocación das caixas o que facemos é atraelas nun punto preto de onde queremos que recolecten o pole e, ao mesmo tempo, polinicen. Por iso, plantamos lavanda na base, encántalles! deste xeito, atraémolas. É moi importante non ter caixas para abellas moi grandes (con moitas cámaras de cría) ou preto unhas das outras, porque isto atraerá depredadores e parásitos.
Ademais destas casas para abellas temos moOoitas outras para outras especies. Consulta quen viviu nelas en 2020
aquí.