O noso trampeo ás velutiñas raíñas

26 de Xuño de 2021

A velutina é unha vespa foránea que ataca ás abellas autóctonas
A vespa asiática é unha especie que chegou a Europa desde Asia. É perigosa porque depreda ás abellas autóctonas e pon en risco a súa poboación
En Casa Grande de Xanceda observamos, con preocupación, como desde hai uns anos a presenza da vespa velutina non deixou de medrar. Esta especie chegou desde Asia a Europa e está considerada como invasora. 

O problema que ten esta especie é que ten un carácter marcadamente predador. Destrúe as colmeas das nosas abellas para conseguir alimento. ¡Unha soa velutina pode matar ata 50 abellas ao día! Ademais, as abellas autóctonas case non teñen defensa fronte a elas.Un dos motivos é que as asiáticas son moitísimo máis grandes e fortes. Por todo isto, poñen en risco o equilibrio do noso ecosistema. 

Trampeo planificado

A vespa velutina ten algúns depredadores naturais como aves rapaces o paxaros carpinteiros. Pero o certo é que nin estes animais nin as medidas tomadas polas administracións puideron frear o seu vertixinoso avance.

Por este motivo, e para protexer as nosas abellas de mel, en Xanceda contamos coa axuda de Elías, o noso apicultor de confianza. Para frear a implantación da velutina na nosa granxa, facemos un trampeo planificado ás raíñas. Elías distribúe as trampas na de influenza da granxa para baixar a futura carga de velutinas. Os meses nos que desenvolvemos esta acción abarcan desde marzo a finais de xuño.

¡Cada 15 días evitamos que se creen entre 25 e 50 niños de velutinas!

Por que estos meses e por que as raíñas? Porque durante estes meses as raíñas encárganse de facer uns pequenos niños (niños primarios) onde nacen as primeiras obreiras. A misión da raíña é crear unha colonia, como a que ves na foto, que pode chegar as 5.000 velutinas, entre elas centos de futuras raíñas.

Para controlar o progreso desta especie invasora é imprescindible este traballo manual e planificado de captura de raíñas, de pouco serve atrapar obreiras en verán. 

 

Elías, o noso apicultor, nas súas tarefas de mantemento e coidado das nosas abellas de mel.

Queres descubrir mais sobre as nosas colmeas e os nosos hoteliños para abellas silvestres? Non perdas este vídeo!
Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital