O noso kéfir, agora tamén bebible!

21 de Maio de 2021

Temos dous novos kéfires muUuliciosos... non quedes sen probalos!
O noso departamento de I+D+i é imparable! Tras o éxito dos nosos kéfires de culler, puxéronse mans á obra para ofrecerche un novo produto desta gama
En Casa Grande de Xanceda estamos de celebración!. E é que o departamento de I+D+i, coa nosa responsable de calidade, Nuria Garaboa, á cabeza, volveuno facer: temos un novo produto muUulicioso! Kéfir bebible! E, ademais, con dous sabores distintos: natural e con cítricos.



+ de 400 mil millóns de bacterias vivas


O kéfir bebible ten máis de 400 mil millóns de bacterias vivas beneficiosas para o organismo; isto convérteo nun probiótico suÚuper natural e saudable. 
Ademais de polos seus aportes nutritivos, o kéfir é ben coñecido por outra serie de importantes beneficios para a saúde, como o reforzo da flora intestinal e do sistema inmunitario.

  

O kéfir14, a nosa aposta

Igual que os demais kéfires de Xanceda, os kéfires bebibles teñen 14 cultivos vivos... e isto faino único!. Esta combinación conta con fermentos das familias Bifidubacterium, Lactobacillus, Lactococcus e Streptococcus que son claves para unha óptima asimilación dos nutrintes entre outros beneficios que agora che contamos. 

Además, esta nova apuesta, é Xanceda Style 100%: san, ecolóxico e, por suposto suÚuper delicioso! É suave e sen a acidez típica do clásico kéfir. Por suposto, está elaborado con leite fresca ecolóxica das nosas vacas, que saen pacer 360 días ao ano... e nada máis!: nin conservantes, nin colorantes, nin leite en po.

Por que apuntarse o kéfir?

  1. Contribúe ao benestar dixestivo.
  2. Ten propiedades antibióticas e antifúnxicasAsí o afirma un estudo científico publicado pola Biblioteca Nacional de Medicina de EEUU, no que se demostra que pode inhibir a proliferación de bacterias perniciosas, como a salmonella e a E.Coli
  3. Pode facilitar unha mellor e máis rápida dixestión.
  4. Tomados en cantidades adecuadas proporcionan un beneficio para a saúde.
  5. Aporta ao teu organismo miles de millóns de bacterias vivas. Bacterias das boas, claro!
  6. Faite sentir ben e non só fisicamente senón tamén mentalmente. ¿Sabías que o intestino é o noso segundo cerebro? 



Motivos para probar o noso!:

  • Ecolóxico e de vacas felices. O noso kéfir ecolóxico non só conta coa garantía ecolóxica, senón tamén cun alto compromiso de benestar animal que, como xa sabes, caracteriza a nosa granxa ecolóxica.
  • Está moi pero que moOoi bo. É un kéfir suave, extraordinariamente cremoso e fresco e moOoi rico. E se che gustan os cítricos, entón... isto é para ti!

Imaxina o bo que está que mesmo as nosas vacas se animan a probalo!

Un packaging con plástico reciclado

O noso é un compromiso ineludible co medio ambiente e por iso, produto a produto, traballamos para mellorar nos nosos envases. A botella do kéfir bebible está feita cun 30% de plástico reciclado. Reutilizar produtos plásticos debe ser unha prioridade para todos. Así, cumprimos coa estratexia europea para o plástico que insta ás empresas a aumentar a presenza de materiais reciclados nos seus procesos de produción. 


E con isto finalizamos a presentación deste suÚuper kéfir bebible. Agora tócache a ti: vai correndo a mercalo para probalo! Agardamos que che guste moOoito! E lembra que tes tooooooodos estes produtos saudables e ecolóxicos de Casa Grande de Xanceda para desfrutar!
Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital