04 de Marzo de 2021
Presentáronse voluntarias para tinguir de violeta os camiños da nosa granxa
Este ano, debido á pandemia da covid19, ás mulleres seralles máis difícil participar nas manifestacións do 8 de marzo. Por ese motivo non veremos as imaxes de multitudes violetas en avenidas e rúas como outros anos.
Ante esta situación, as nosas vacas, decidiron facer algo ao respecto e saíron manifestarse por todas as muUulleres! E non o fixeron de calquera xeito: ao máis puro estilo granxeiro ataviáronse con pendentes co símbolo da muller e reivindicacións pintadas nos seus lombos.



Este fermoso mural realizado nun dos alpendres da nosa granxa é unha homenaxe ás mulleres do rural. Porque ser muller no rural é ser doble heroína - mural realizado por Nana (https://t.co/dMqsxmEvmd) #diadamullerrural #xanceda pic.twitter.com/FfrqNS1KG7
— Casa Grande Xanceda (@xanceda) October 15, 2019
