As nosas vacas están máis felices que nunca!
O motivo? A Xunta acaba de emitir unha declaración de impacto ambiental do Parque Eólico Gasalla desfavorable. E iso que significa? Pois que as nosas vacas poden seguir pacendo tranquilas sen que ningún macroéolico de 200 metros de altura lles faga sombra nos seus prados; sen asustarse polos ruidos mecánicos de 7 aeoxeradores; sen ver que todo o seu entorno cheo de biodiversidade degradado; sen que os regatos naturais nos que beben sequen o se contaminen….
O parque eólico Gasalla proxectouse inicialmente nos terreos de Casa Grande de Xanceda. Sen embargo, ao declarar a Xunta o espacio natural protexido “Fragas e Brañas do Alto Gaiteiro” en 2022, o promotor tivo que modificar a ubicación de algunha das súas infraestructuras eléctricas para non afectar os terreos protexidos polos seus valores naturais. Pero a modificación da proposta non era suficiente. Cinco dos sete macroeólicos proxectábanse a menso dun kilómetro de distancia das Fragas e Brañas do Alto Gaiteiro, un incluso a escasos 15 metros de distancia!

O Consello de Vacas tiña razón...
Desde o ano 2017, Casa Grande de Xanceda insistiu xunto con centos de veciños afectados e interesados – en protexer a Comarca de Ordes contra a invasión eólica. Este territorio foi declarado Zona de Especial Interese Agrario pola Xunta no ano 2007 por ser un territorio cun gran número de gandeiros e agricultores xa instalados cun gran potencial de crecemento e emprendemento neste sector económico. A comarca de Ordes é un territorio vivo, con valores económicos e sociaisi xa instalados e fructíferos, cuxos valores medioambientais son cada vez máis reconocidos e potenciados.
A instalación dun macroproxecto eólico non aportaría valores positivos que compensaran o sus impactos negativos. E así o deixaron claro tanto os concellos de Mesía, Frades, Ordes e Oroso nunha declaración institucional conxunta en maio de 2018, así como os máis de 3.000 veciños que presentaron alegaciónsn contra os componentes do Macroparque Ordes-Curtis: os parques eólicos Solpor, Gasalla, Legre e Abrente, unidos por unha soa liña de alta tensión dividida administrativamente en trazados.
A declaración de impacto ambiental desfavorable do parque eólico de Gasalla supón o recoñecemento de estos valores agrogandeiros da Comarca de Ordes por parte da Xunta. En particular,
a Xunta admitiu o que o noso Consello de Vacas leva moOoito tempo dicindo: que este parque eólico é incompatible co benestar animal e coa produción agrogandeira, e en particular aquela en réxime ecolóxico.
... pero mantemos a nosa preocupación polas súas vacas amigas de outras ganderías
A declaración de impacto ambiental desfavorable do parque eólico Gasalla constitúe a primeira vez que a Xunta analiza o impacto negativo dun parque eólico no seu entorno agrogandeiro. Sen embargo, en Galicia hai máis de 8.000 familias que se dedican ao sector lácteo!
Nas primeiras semanas de xaneiro de 2023, a Xunta publicou máis de 100 declaracións de impacto ambiental de proxectos eólicos desfavorables nas que non se valorou o impacto negativo de ditos proxectos en actividades agropecuarias. Por iso, o Consello de Vacas mostra a sua preocupación e solidaridade polo benestar das súas amigas de outras ganderías.

Renovables sí, pero non así
En Casa Grande de Xanceda estamos a favor da enerxía renovable, o coidado do medio ambiente está no noso ADN! Pero é preciso que se proxecte de maneira planificada, respetuosa e proporcional co entorno: produción local para consumo local, mellores eficiencias enerxéticas, autorprodución de enerxía. Hai moitas formas de actuar contra a actual crise enerxética e climática que estamos vivindo.
En Casa Grande de Xanceda buscamos siempre o balance e o respecto co medio ambiente. No ámbito enerxético, instalamos as placas fotovoltaicas sobre os tellados dos nosos establos e agora temos novos plans: a construción dunha pranta de biogas coa que esperamos ser 100% autosuficientes en enerxía.
Calquera persoa, cuxa casa ou finca que estea ameazada por un macroparque eólico non está soa! Sabemos que é moOoi complicado conseguir información e empezar a defenderse. Por iso, recomendamos acudir en primeiro lugar ao Concello do lugar y exigir información precisa como planos dos proxectos eólicos y das liñas de alta tensión. Tamén resulta de gran axuda acudir a asociación veciñais ou medioambientais que se formaron para pedir información, recomendacións y contactos.
Aquí vos deixamos algunhas páxinas webs que poden ser de interese:
Plataforma de información Aldeas Libres de Macroeólicos
Asociación A-Legre en Oza Cesuras y Mesía
Plataforma vecinal Caiño Brancellao en Curtis, Mesía, Boimorto, Vilasantar
Asociación Aire Limpo nas Mariñas-Mandeo en Aranga y Montes do Gato
Plataforma de información de mapas de parques eólicos en todo Galicia