17 de Abril de 2019
A nosas vacas contestan ao reportaxe sobre iogures con froita onde tamén se analizou un dos nosos iogures ecolóxicos
Desde os prados de Casa Grande de Xanceda as nosas vacas queren contestar ao reportaxe que publicou a OCU sobre os iogures desnatados con froita, no que se analizou tamén un dos nosos iogures ecolóxicos, en concreto o iogur ecolóxico desnatado con fresas.
Todas as nosas vacas respectan moOOooitísimo esta organización e os seus artigos, pero a verdade é que foi uUUnha gran decepción para as nosas vacas descubrir que esta comparativa é, a ollos de vaca feliz, inxusta e parcial. As nosas vacas cóntanche a continuación porqué.

Pensamos que non é acertado comparar un produto ecolóxico con outro non ecolóxico cando se miden resultados tan concretos como os do estudo recentemente publicado. Un exemplo moi sinxelo! : unha mazá non ecolóxica moOOoi probablemente teña mellor aspecto, será máis grande e incluso ofreza unhos resultados de cata máis homoxéneos que a ecolóxica. Quere decir con eso que a ecolóxica é peor? Nós cremos que non, e as nosas vacas téñeno moi claro, sempre margaridas e trevos ecolóxicos!
Dende aquí, as nosas vacas queren animar á OCU a realizar un estudo similar, pero só con iogures ecolóxicos! Ou incluso, un estudo máis a fondo, donde ademáis poderíamos valorar o impacto ambiental, a orixe do leite, a vida dos animais, etc.
As nosas vacan pensan que informes como este danan un sector que é tan importante para a sociedade, como o ecolóxico. Parécenos unha idea maravillosa, e de xustiza, facer una parada no ecolóxico: recordemos que a agricultura ecolóxica mantén moOooita superficie libre de químicos, oxalá moOooitísima máis biodiversidade e garantiza un gran benestar dos seus animais.
a menor presenza de azucre (non valorado negativamente que para iso se engadan edulcorantes), o potenciamento do sabor e o olor de forma artificial... As nosas vacas non lles parece xusto que se compare organolépticamente produtos que foron ensalzados con aromas químicos, con outro que só pode empregar produtos naturais. Unha fresa de forma natural non desprende aromas tan intensos como os que foron potenciados de forma química.
Como comentamos anteriormente, as nosas vacas repectan moOoitísimo esta organización, pero se nos dan a escoller, preferimos sempre os ingredientes máis naturais e ecolóxicos, non os químicos!
A presenza de azucre na froita preparada que leva o noso iogur ecolóxico foi valorado de forma moOOoi negativa no reportaxe da OCU, en cambio, as nosas vacas están convencidas de que o azucre ecolóxico de caña é mellor que o edulcorante químico! E é que, ademáis, os edulcorantes non están permitidos nos produtos ecolóxicos.
O azucre que levan as mermeladas, que van nos nosos iogures, é ecolóxico e é azucre de caña. Este, ademáis, é un ingrediente moi importante porque permite a conservación de forma completamente natural das froitas. Igual, igual que si preparas mermelada na casa!
E a pesar de todo, non nos rendimos co azucre e despois de moOoitas probas e intentos, conseguimos desenvolver un iogur ecolóxico con froita pero sen azucre engadido. Está delicioso e estamos moOoi orgullosos. Contámosche máis neste enlace!
Volvendo ao asunto: por suposto, reconocemos que a cantidade de azucre pode ser menor, de feito dende Xulio de 2017 reducimos mooOoi paulatinamente o azucre nos nosos iogures, ata reducilos nunha media dun 15%! No momento en que se fixo esta comparativa, aínda non fixeramos a última reducción de azucre, ahora, esta é a etiqueta do noso iogur con fresas desnatado:
Outro dato que deixou pasmadas ás nosas vacas foi a baixa reputación na cata da OCU. Non saimos do noso asombro. Estamos convencidos de que o noso iogur está moOOolicioso! E así o confirman todos os días moOOooitos dos nosos consumidores. Temos un paladar moi, pero que moOoi exquisito e os nosos iogures teñen que pasar sempre por dous filtros: teñen que estar boísimos e teñen que ser mooOoi sanos!
Animámosvos a todos a facer a cata vós mesmos e facer chegar os vosos comentarios. As nosa vacas están desexando saber qué opinades! Podedes enviarnos fotos de cómo catades o iogur e os vosos comentarios a info@casagrandexanceda.com ou a calquera das nosas redes sociais onde nos podes mencionar ou etiquetar con este nome: @xanceda
Co fin de comprobar, unha vez máis, a cata do noso iogur, démosllo a probar a unha das nosas máis experta catadoras, o resultado non puido se mellor. A puntuación foi de 10 e aquí podedelo ver!

