Mollámonos pola igualdade

07 de Marzo de 2025


Invitamos a centos de Xancedadictas á nosa granxa para erguer a voz (e os paraugas!) pola igualdade

Hai cousas que teñen que calar como a chuvia na terra. Este 8 de marzo, en Casa Grande de Xanceda, abrimos as portas da nosa granxa para que centos de mulleres, con paraugas cowprint, lanzasen unha mensaxe.

Porque a igualdade, igual que a chuvia, ten que mollar a terra para chegar a cada recuncho, día a día. Do mesmo xeito que a auga mellora as nosas colleitas, tamén a igualdade mellora a sociedade.

Convidamos ás nosas Xancedadictas á nosa granxa para erguer a súa voz (¡e os seus paraugas!) a favor dunha igualdade real no rural e para formar un suÚuper símbolo da muller. Dalle ao play e verás!



 

Traballadoras pero non propietarias


Con isto, tamén queremos poñer sobre a mesa a desigualdade no sector primario. Sabías que as mulleres no rural, malia ser a base do traballo nas granxas, a gandería e a agricultura, teñen un acceso limitado á propiedade da terra, á xestión das explotacións e aos postos de responsabilidade? Neste sector, as mulleres seguen percibindo uns salarios máis baixos que os homes e a súa participación nas decisións e nas políticas do sector tamén é reducida.

Por iso, nesta xornada de visibilidade, non só falamos de igualdade no campo, senón tamén de igualdade de oportunidades. Queremos un futuro onde as mulleres teñan o mesmo acceso á propiedade e á participación, onde o seu traballo non se invisibilice nin se infravalore.

A sociedade galega ten unha débeda impagable coas mulleres rurais porque son provedoras do máis importante: os coidados. Ademais, desenvolven as súas carreiras profesionais con servizos de conciliación públicos limitados como programas de madrugadores, pediatría, garderías ou centros de día. As mulleres no rural non queremos ser superheroínas, queremos desenvolver as nosas vidas en igualdade cos homes.

En Xanceda, somos maioría


Desde Casa Grande de Xanceda, seguimos comprometidos coa loita pola igualdade no rural e na nosa propia granxa. Un 62% das persoas aventureiras que traballamos aquí somos mulleres rurais, moitas de nós en postos de responsabilidade (¡e iso sen contar a Malibú e ás vacas!).



A nosa fundadora, Victoria Armesto, foi a primeira muller vicepresidenta do Congreso dos Deputados, onde levou iniciativas pioneiras no eido da igualdade. Como non imos reivindicar este día! Na foto en branco e negro podes ver a Victoria nunha reunión de parlamentarios galegos onde trataban a problemática preautonómica en Galicia. Atoparala rápido, é a única muller!

Outras campañas do 8M

Un símbolo violeta, outro segado, un baile, unha manifestación de vacas... Encántanos reivindicar a igualdade desde o rural!
Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital