Esta é unha iniciativa de Casa Grande de Xanceda para familias en risco de exclusión social
A colaboración chega a 34 persoas
É outro dos proxectos de responsabilidade social corporativa desta granxa
Desde Casa Grande de Xanceda, tras acordalo así co Concello de Mesía, puxémonos mans á obra para que os lácteos non falten na dieta de ninguén. Así, iniciamos unha colaboración.
E en que se traduce isto?
Pois en que nós doamos a cantidade precisa de lácteos para a dieta de adultos e nenos e o Concello recólleo mensualmente e repárteo ás familias que o precisan.
Para nós é moOoOoi importante atender ás necesidades da nosa contorna máis próxima: iso que os técnicos chaman responsabilidade social corporativa local. De feito, o compromiso social é un dos piares da nosa granxa. E as nosas vacas encantadas de producir leite abondo para axudar aos nosos veciños!
Esta colaboración comezou este mes de febreiro e durará ata que as familias deixen de precisalo… ¡Aínda que continuaremos facéndoo se outras familias se incorporan a este programa de doazón de lácteos!
Os lácteos, un alimento importantísimo
Un total de 34 persoas empezarán a recibir os nosos produtos. Segundo a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura un vaso de leite proporciona aos menores de 5 anos o 21% por cento das súas necesidades de proteínas e o 8% de calorías e nutrientes… GUAU!
¿Falamos?
Estamos 100% dispoñibles para ti.
¡Elixe o método de contacto
que prefiras!.
info@casagrandexanceda.com
981 687 007 ECOVISITAS: 682 867 417
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815