Nacer en Frades agora ten premio

30 de Maio de 2022

Clébrao con leite chega ao Concello de Frades!
Tras a boa acollida de  Celébrao con Leite no Concello de Mesía, decidimos expandilo a Frades, para que os recentemente nacidos neste  Concello tamén poidan gozar dun ano de leite ou iogur gratis

Coñecías  celebrao con  leite?

É un programa que ten Casa Grande de Xanceda para celebrar os nacementos no  Concello de Mesía, pero, agora tamén no  Concello de Frades.

Que como os celebramos?

Pois agasallando con paquetes semanais de leite ou iogures aos pais dos recentemente nacidos durante un ano, para axudar na medida do posible á crianza dos novos integrantes das zonas próximas a Casa Grande de Xanceda.
Por suposto os iogures e o leite son de vacas que pastan 360 días ao ano, sen aditivos nin nada, só leite e iogur, por iso están  muUuliciosos ademais de ser respectuosos co  medioambiente.

É unha pena que no rural non naza xente e teñamos unhas taxas demográficas en negativo, por iso, queremos apoiar ás familias desta forma.

Ademais, os nenos que  difruten deste programa, comezarán xa desde pequeniños a coidar o  medioambiente e a preservar a biodiversidade da zona. Sabes por que? Por que cada vasiño de iogur vai cheo de moito traballo e esforzo dedicado a  preseervar especies autóctonas de animais e plantas para que nos axuden nos nosos labores.

Que hai que facer?

MoOoi sinxelo: ven pola Ecotenda para inscribir ao teu bebé e tráenos a partida de nacemento e o certificado de empadroamento actualizado de calquera dos dous proxenitores.

 
Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital