Mulleres rurais, we can do it

15 de Outubro de 2022

En Casa Grande de Xanceda traballamos todos os días pola igualdade
As mulleres rurais desempeñaron e desempeñan un papel fundamental para soster o mundo rural
Carmen, Nuria, Andrea, Isa, Cristina, Olivia, Belén, Gema, Lidia, Bea, Adriana, María, Susana, Amparo, Laura, Adela, Vero, Vane, Antía, Marga, Gema, Sara... son algunhas das compis de Casa Grande de Xanceda! E todas elas mulleres rurais!

62% de mulleres

Na granxa somos un 62% de mulleres (e iso que non contamos ás vacas!). Somos mulleres rurais e estamos orgullosas de selo. Moitas de nós estamos en postos de responsabilidade (e aquí tampouco contamos a Malibú que é a xefa da patrulla gardavacas!). E temos equipos, como Marketing ou Ecovisitas que están compostos ao 100% por mulleres. 

Reivindicación desde o rural

A sociedade ten unha débeda impagable coas mulleres rurais. Son elas as que mantiveron o rural, a súa cultura e as súas tradicións. Son elas as que coidan a pequenos e maiores. Unha tarefa importantísima e moi pouco recoñecida. E, ademais, compaxinan isto co desenvolvemento das súas carreiras profesionais.

Desde Casa Grande de Xanceda seguimos reivindicando que as mujeres rurais non queremos ser superheroínas, queremos servizos de conciliación e proximidade: garderías, centros de día, máis actividades extraescolares e flexibilidade horaria.

Visibilizar a igualdade

Ás nosas vacas encántalles presumir de compis humanas. Por iso a igualdade é un dos puntos fortesda nosa responsabilidade social corporativa. O año pasado fixemos un suÚuper mural en herba seca retratando ás nosas compis Amparo e Susana, recórdalo?
 
Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital