Mulleres dun rural moderno, profesional e diverso

15 de Outubro de 2025


En Casa Grande de Xanceda, as muUulleres rurais somos maioría
As gandeiras son figuras moi importantes no medio rural. Mantiveron e manteñen un mundo de tradicións, cultura, coidados, saberes e manexos. Pero no rural non hai só gandeiras. Hai químicas, administrativas, publicistas, xornalistas, biólogas, mestras mantequeiras, guías ambientais, técnicas de calidade, directoras de empresa... e todas son tamén mulleres rurais.

Carmen, Aranza, Susana, Eva, Vane, Isa, Olivia, Lidia, Adriana, María, Sara, Carmiña… forman parte de Casa Grande de Xanceda. E representan ese rural moderno, diverso e profesional que non sempre sae nos titulares.

62% de mulleres na granxa

Somos maioría (sen contar as vacas, claro). Aquí o talento feminino ten voz, liderado e presenza. En departamentos como Márketing ou Ecovisitas, o 100% do equipo está formado por mulleres. E moitas están en postos de responsabilidade (Malibú non conta, que xa sabemos que é a xefa das vacas).

Sabías que a fundadora de Casa Grande de Xanceda, Victoria Fernández-España Fernández-Latorre foi a primeira muller vicepresidenta do Congreso? Woman Power desde a fundación!


 

Reivindicación desde o rural

As mulleres foron —e seguen sendo— as que manteñen vivo o rural. Coidan da terra, da cultura e das persoas. E ao mesmo tempo, desenvolven carreiras profesionais que pouco teñen que envexar ás da cidade.

Pero non queremos capas de superheroínas, queremos servizos: conciliación real, garderías, centros de día, actividades para crianzas e horarios flexibles. De cada tres persoas que deixan o rural, dúas son mulleres fértiles. Se non queremos un rural abandonado temos que saber que vivir no rural non debería implicar renuncias.

Facémolo visible

A igualdade é unha das patas fortes da nosa responsabilidade social. Por iso temos feito diversas campañas potenciándoa. Porque no rural tamén hai referentes femininos, e están máis preto do que pensas
Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital