MáIs de 1300 lambetazos contra o abandono

20 de Maio de 2020

Estamos máis cerca do noso obxectivo: 2000€ en comida para protectoras
Xa conseguimos máis de 1300  lambetazos contra o abandono en Instagram. Con cada foto en Instagram dun peludo dando un lambetazo a un dos nosos iogures ecolóxicos Casa Grande de Xanceda doamos 1€ en comida a dúas protectoras de animais. 

LAMETAZOS CONTRA EL ABANDONO

O obxectivo da iniciativa solidaria Lametazos contra el Abandono é axudar a dúas protectoras de animais abandonados que tamén están a sufrir esta crise, con menos doazóns e axuda de voluntarios. O noso obxectivo é conseguir 2000 lametazos, que se converterán en 2000€ en comida para os animais sen fogar.

Nun mes xa conseguimos máis de 1300 lametazos solidarios! GUAU! 
Instagram encheuse de centos de lametazos de cans, gatos, persoas, hámsters, galiñas... Ata tartarugas e caracois! 
 

Fotos do hashtag #lametazoscontraelabandono en Instagram 

Varios rostros coñecidos tamén se uniron a esta iniciativa solidaria e colaboraron co seu Lametazo Contra el Abandono. 

A actriz Esther Acebo, Estocolmo na famosa serie La Casa de Papel, e os seus peludos Djando e Petra. As tamén actrices Maria Castro Adriana Torrebejano, coa axuda dos seus cans Momo e Gala, respectivamente.


O presentador Jordi Cruz e os seus peludos Banana e Tokio, e a cómica Sara Escudero e as súas peludas Nala e Zuri. As cantantes galegas Sabela Ramil Lucia Pérez tamén deron o seu lametazo solidario coa axuda dos seus cadeliños Lolo e Brais, respectivamente.


 
Tamén colaboraron co seu lametazo os actores Jesús Olmedo e Nerea Garmendia, co seu peludiño Coko, e Alex O´Dogherty coa súa cadeliña Lía.


 

Aínda non participache co teu lambetazo contra o abandono?

Neste vídeo contámoche como participar. É moi sinxelo!



Participa e axúdanos a conseguir o noso obxectivo: Doar 2000€ en comida aos animais sen fogar de dúas protectoras de animais: Protectora de Animais do Morrazo e Protectora Moura.
 

Podes ver toda a información sobre esta iniciativa solidaria de Responsabilidad Social Corporativa en:
www.casagrandexanceda.com/lametazoscontraelabandono

Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital