30 de Xuño de 2022
Os paxaros axúdannos coas labores da granxa
Nos terreos de Casa Grande de Xanceda habitan algo máis de 92 tipos de paxaros entre moitas outras especies de animais e plantas?
E é que en desde Casa Grande de Xanceda preocupámonos sempre de crear a contorna ideal para que todos eles poidan vivir en paz e harmonía preto de nós. Que como o facemos? Pois é un proceso longo pero efectivo, Contámoscho!
Primeiro poñemos caixas niño orientadas sempre da mellor forma posible para que os paxaros que decidan usalas como a súa casa non pasen nunca frío. Cando nunha das caixas non hai ningún niño durante un par de primaveras, reorientámolas para que os paxaros atópenas máis cómodas. Imos, un auténtico hotel 5 estrelas!
Ademais diso, non usamos ningún tipo de pesticida nin químicos nos nosos terreos, polo que teñen moitísima comida durante todo o ano.
En épocas como o verán ou a primavera, tamén coidamos de que os froitos vermellos que haxa na nosa granxa, así como as bagas dos acivros crezan ben fermosas para os nosos inquilinos (os pajarillos) teñan sempre un temtenpié ao alcance do á. Xa ves, Unha comida de resturante!

As bagas como as dos acivros, ou os froitos vermellos, constitúen unha parte fundamental da alimentación da maioría de paxaros, pero, tamén comen outras cousas... Os paxaros son o mellor servizo antiplagas que se pode ter. Ao non usar produtos químicos nos nosos campos, necesitamos que alguén vaia controlando as pragas. Ppor iso os paxaros quedan tan a gusto aquí e nós estamos tan contentos de telos preto!
E é que cando dicimos que somos biogranxa referímonos aos servizos ecosistémicos que nos achega a natureza, grazas ao esforzo que hai detrás por mantela o máis rica e abundante posible, recompénsasenos con moitos animais e plantas que manteñen unha contorna equilibrada para as nosas vacas.
