Os Vacaxogos chegan ao seu fin, o evento deportivo do ano.

15 de Xullo de 2020

Decenas de miles de participacións nos Vacaxogos
Os Vacaxogos chegaron ao seu fin! 54 persoas gozan agora da súa bicicleta Xanceda seguindo un estilo de vida tan saudable como o das nosas vacas.
Despois dunhas semanas intensas de adestramento e competicións en Los VacaJuegos, as nosas vacas volven á relaxada vida da vida das vacas de Xanceda: comer, camiñar e descansar.
 
Despois de participar nas competicións máis divertidas e regalar 54 bicicletas, regresan felices aos nosos prados ecolóxicos.

Os Vacaxogos, o evento deportivo de vacas que foi un éxito

As nosas vacas deron todo! Elas enfrontáronse a unha verza, competiron por ver quen comía máis tréboles dun barreño, pelexaron con leitugas, participaron nunha maratón e demostraron ser as máis rápidas nunha carreira emocionante.



Estas foron as competicións dos  VacaJuegos. Podedes revivilas todas na nosa canle de Youtube ou na páxina web os Vacaxogos.

Estas competicións estivéronnos entretendo durante varias semanas e, o mellor de todo, animaron a moitísimas persoas para participar tamén no evento. Tanto nos sorteos de bicis diarias como nas votacións de vacas conseguimos decenas de miles de participacións, no que xa quedou bautizado como o evento deportivo do ano. 
 
REPARTIRON 54 BICIS! Porque un dos obxectivos desta iniciativa era fomentar o deporte e a vida saudable, a mesma que levan as nosas vacas! E a mellor forma que se nos ocorreu de facelo foi…regalando bicis! 

54 bicis repartidas por España

Durante 47 días sorteamos unha bici cada día! As nosas vacas non se querían conformar con iso e sortearon tamén unha bici entre todos os que apostaban pola vaca gañadora de cada competición. Así sortearon 7 bicis máis! En total, 54 bicis sorteadas entre os espectadores da competición deportiva do ano: Os  Vacaxogos!

                                                  
Esta é a distribución das bicicletas por toda España. A comunidade autónoma máis agraciada foi Galicia, que tamén tivo unha maior porcentaxe de participación. Podes descubrir aquí todos os gañadores da bicicleta Los VacaJuegos.

Os  Vacaxogos nos medios de comunicación

As nosas vacas agora, ademais de demostrar que son as máis deportistas, son famosas! Con motivo da celebración deste gran evento deportivo de vacas achegáronse á nosa granxa varios medios que querían ver de preto como eran Os Vacaxogos. 
 
Aquí podes ver algúns das reportaxes que se fixeron sobre Os Vacaxogos. 

 





Os Vacaxogos chegaron ao seu fin, pero podes seguir as aventuras das nosas vacas nas nosas redes sociais: Facebook e Instagram.
Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital