06 de Abril de 2020
Agora os peques poden desfrutar desta formación no medio ambiente dende o sofá da casa.
Rosco ó rescate, é un proxecto educativo co que visitamos ós colexios de Primaria para fomentar entre os máis peques valores de coidado e axuda ao medio ambiente e a biodiversidade.
É unha formación gratuíta, unha iniciativa do noso programa de Responsabilidade Social Corporativa.
Nunha situación normal, os colexios poden solicitar que Rosco os visite para facer esta formación escribíndolle a roscoorescate@gmail.com Debido á situación de pandemia mundial que vivimos, as clases canceláronse, por iso decidimos gravar esta formación para que todos os nenos dende casa poidan desfrutala igualmente.
O noso amigo Rosco é un ourizo que emprende unha viaxe na que coñece a outros amigos animais e vivirá diferentes aventuras. Todo o vivido marcará a súa vida e continuará o seu camiño cun obxectivo moi claro: salvar á natureza!
Con pouquiños recursos, pero con moitas gañas de facerlles pasar un bo momento e aprender moOooito, a nosa compañeira Adriana, cóntalles todas as aventuras do noso amigo Rosco para poder desfrutalas dende o sofá das súas casas.
Con cancións, xogos e a través da historia de Rosco, os peques poderán desfrutar e aprender moito sobre medio ambiente. Ademais ó final de cada capítulo aprenderán como facerse uns súper heroes e axudar a conservar a natureza con pequenas accións do noso día a día.
Grabamos sete entretidos capítulos e reunímolos nunha lista de reproducción de YouTube, podes acceder facendo clic nesta imaxe.
Capítulo 1: Presentámosvos a Rosco, o protagonista deste proxecto educativo e a súa importante misión: Salvar a Natureza!
Capítulo 2: Aquí empeza a aventura de Rosco. No seu camiño coñece a unha abella moi triste, perdeu a todas as súas amigas abellas e sen elas non poderá facer a polinización. Con ela Rosco coñece a importancia das abellas na natureza e a triste noticia de que están desaparecendo por culpa dos pesticidas.
Capítulo 3: Rosco continúa o seu camiño e nel aparece unha torda, un paxaro que non pode parar de tusir por culpa da contaminación que hai no ceo. Este paxaro cóntalle porque se produce, como podemos minimizar esta contaminación e así axudar ó medio ambiente e a nosa propia saúde.
Capítulo 4: Na súa viaxe polo bosque Rosco coñece a un oso pardo moi asustado, que lle explica que está en perigo de extinción e o que isto significa. Este novo amigo tamén lle explica o que é unha cadea trófica, e a importancia do seu equilibrio para conservar a biodiversidade.
Capítulo 5: O camiño de Rosco lévao a unha pradeira, onde coñece a unha vaca que fai malabares co lixo. Mentras lle axuda a recoller todos estes residuos, a vaca cóntalle o grave problema do cambio climático, do efecto invernadeiro e a relación que isto ten con non coidar dos nosos bosques, océanos e polos.
Capítulo 6: Rosco continúa o seu camiño, ca mochila cargada de lixo e bastante triste por todo o que lle contaron os amigos que coñeceu. Chega a unha fervenza moi bonita onde vive un parrulo moi traballador que lle explica a importancia de reciclar os residuos e como debe separar o lixo que leva na súa mochila.
Capítulo 7: A última parada da viaxe de Rosco é nun pobo, onde por fin deposita o seu lixo nos contedores de reciclaxe correspondentes, e onde ademais coñece a Ramón, un neno moi habilidoso que lle explica a importancia das 3 R: Reducir, Reutilizar e Reciclar.
Gustouvos a historia de Rosco?
O noso amigo Rosco e Adriana están desexando volver ós colexios para coñecervos e persoa. Mentres tanto Rosco confía en que o sigades axudando ca súa importante misión: Salvar a natureza!

#RoscoORescate #MisionSalvarANatureza
