19 de Outubro de 2018
A imaxe das vacas co lazo rosa faise moi popular nas redes sociais
As nosas vacas saíron a pacer lucindo, ademais das súas típicas manchas negras, o lazo rosa símbolo da loita contra o cancro de mama.
Coa súa imaxe escribimos unha publicación no noso facebook para concienciar sobre a importancia da prevención e investigación do cancro, así como tamén, apoiar ás persoas afectadas.
Ademais quixemos achegar o noso gran de area, así que con cada publicación doariamos 1€ a esta causa, co obxectivo de conseguir 1000 compartidos que se traducen en 1000€ doados á Asociación Contra o Cancro de Ordes para que se invistan en prevención e investigación contra o cancro.
¡¡En menos de 5h alcanzouse o obxectivo de 1000 compartidos!!
Ademais, grazas a todas as veces que se compartiu a publicación, a imaxe das vacas contra o cancro chegou (no momento desta publicación) a máis de 43.000 persoas únicas!

Estamos moOoi emocionados (¡as vacas tamén!) de conseguir este éxito nunha publicación motivada pola axuda na loita contra o cancro, e por iso temos unha cousa máis que decirvos:
¡MoOOoooitas gracias!


