A cabriña Pepa adiántase e predice o resultado do partido España-Marrocos

25 de Xuño de 2018

O oráculo Pepa e os seus amigos apostan por España no partido de España-Marrocos
Á cabra  Pepa precédenlle xa varias predicións deportivas acertadas, e ela e os seus amigos, xa fixeron a predición do partido de hoxe entre España e Marrocos.

A cabriña Pepa adiántase e predice o resultado do partido España-Marrocos

  • A cabra Pepa,  xa adiviñou o resultado do pasado partido España-Irán
  • A cabra Pepa, xunto aos seus compañeiros do ecozoo xa predixeron acertadamente o resultado do Derbi Galego en 2017

La cabrita Pepa predice el resultados de España-Marruecos

A cabriña Pepa é unha cabra de só 3 anos de idade que non deixa de sorprender a todos cos seus poderes de  pitonisa. No pasado partido Irán – España a cabra Pepa e os seus amigos acertaron o gañador do partido, neste novo partido da selección Española, a cabra Pepa quere volver acertar!
Ela e os seus compañeiros (3 póneis, 3 ovellas, e dúas cabras) xa fixeron gala do seu don de predición no pasado Derbi Galego (Deportivo da Coruña – Celta de Vigo) no que acertaron o resultado exacto: 1-3 a favor do Celta de Vigo .
Nesta ocasión a Cabrita  Pepa proponse acertar os resultados de todos os partidos nos que xoga a Selección Española de Fútbol e converterse no oráculo certeiro da Selección Española!

Pepa adiviña o resultado do partido de ESPAÑA – MARROCOS

Neste caso, unhas cenorias e leituga colgadas debaixo da bandeira de cada país, foi a forma de expresar a predición da cabrita  Pepa e os seus amigos. Esta vez foi un traballo en equipo e as dúas cabras compañeiras de  Pepa e o Pónei Junior axudaron a confirmar a predición. Os animais saen correndo do alpendre e diríxense ás cenorias e leituga, cun pouco de desconfianza finalmente una delas decide comer das verduras que colgan na bandeira de España. Un pouco máis tarde achégase o pónei, rectificando a predición da cabra, queda  clarísimo: no partido do Luns 25  Españá vencerá a Marrocos. O vídeo da predición España-Marrocos xa está dispoñible en  YouTube:# pepaadivina # lacabritapepa

Como se fixo: 
Unha corda de rafia cruza o camiño das cabras aos prados, nesta corda colgamos as bandeiras de cada país con leituga e cenorias (un auténtico manxar para calquera cabra!). Os alimentos colgados están escollidos para que conteñan a mesma cantidade, e as mesmas cores, co obxectivo de que fosen igualmente apetecibles e non influír así nas predicións da cabra. Ademais as bandeiras están orientadas de tal forma que ningún dos animais pode velas, así aseguramos que a intuición e os poderes adivinatorios destes simpáticos animais son o único que intervén na súa decisión. 
O vídeo de como se fixo xa está en YouTube:

:

 
Máis sobre a cabriña Pepa:
A cabriña Pepa vive na nosa granxa, e é moi coñecida e querida polas máis de 5.000 persoas que visitan a nosa granxa cada ano e que teñen a oportunidade, entre outras actividades, de darlle para comer e acariñar a Pepa.

La cabrita Pepa es conocida por los visitantes de nuestra granja

Pepa é unha cabra anana (Capra aegagrus hircus), un mamífero artiodáctilo da subfamilia Caprinae dunha particular cor branca e negra.
A cabra Pepa é moi  sociable, pero ás veces tamén desconfiada e prefire estar sempre acompañada dos seus pais cabritos que viven con ela.
La cabrita Pepa, es una cabra enana con poderes de oráculo deportivo

Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital