14 de Xuño de 2018
A cabra Pepa predice o resultado do partido España - Portugal
A cabra Pepa, xunto ao seus compañeiros do ecozoo xa predixeron acertadamente o resultado do Derbi Galego no 2017
Pepa pretende adiviñar todos os resultados nos que xoga a Selección Española de Fútbol no Mundial de Fútbol 2018

A cabriña Pepa ten 3 anos e é unha cabra anana de cor branca e negra e con poderes de pitonisa!
Ela e os seus compañeiros (3 póneis, 3 ovellas, e dúas cabras) xa fixeron gala do seu don de predición no pasado Derbi Galego (Deportivo da Coruña – Celta de Vigo) no que acertaron o resultado exacto: 1-3 a favor do Celta de Vigo .
Nesta ocasión a Cabriña Pepa proponse acertar os resultados de todos os partidos nos que xoga a Selección Española de Fútbol.
Para o primeiro partido España-Portugal, a cabriña Pepa e os seus papás cabritos saen correndo do cortello e sen saber a que selección pertence cada barreño, diríxese sen dubidalo a un deles: ó de España. A mensaxe está clara, segundo Pepa, no partido de mañá a selección española gañará! O vídeo da predición xa está dispoñible en YouTube
Como se fixo:

Os barreños conteñen ambos cebada ecolóxica na mesma cantidade, os barreños son iguais e de cor branca e as bandeiras están no lado oposto asique, ningún dos animais pode ver a quen pertence cada comedeiro.
Máis sobre a cabriña Pepa:
A cabriña Pepa vive na nosa granxa, e é moi coñecida e querida polos máis de 5.000 persoas que visitan a nosa granxa cada ano e que teñen a oportunidade, entre outras actividades, de darlle para comer e acariñar a Pepa.
#pepaadivina #lacabritapepa

