A ameaza para Xanceda do macroparque Ordes-Curtis

21 de Maio de 2021

O proxecto do macroparque Ordes-Curtis supón un perigo para a nosa granxa e todas as da comarca
Victoria, de Casa Grande de Xanceda, explica nunha mesa redonda as consecuencias que terá para Xanceda esta infraestrutura
En casa Grande de Xanceda estamos a favor das enerxías renovables. Non podería ser doutra maneira, xa que no noso ADN está o coidado do  medioambiente. Con todo, todo o equipo de Xanceda (vacas  incluídas) estamos moi preocupados #ante o proxecto do macroparque eólico de Ordes-Curtis.

A instalación do devandito parque ameaza a nosa granxa e estilo de vida en particular e o do resto dos gandeiros e agricultores da comarca. Este parque componse de 21 eólicos de 200 metros, 3 subestacións eléctricas e unha liña de alta tensión que dificultarán a vida da veciñanza: o ruído dos muíños, o efecto sol-sombra das pas, a perda de valor do territorio, a degradación da paisaxe e, en definitiva, o empobrecemento dun rural vivo. A isto sumaríanse os impactos gandeiros: a tensión no gando, a imposibilidade de ampliar ganderías, a imposibilidade durante décadas de dar un uso agrario e gandeiro de terreos fértiles". 

Se queres saber máis sobre a ameaza que supón para Casa Grande de Xanceda a instalación do  macroparque Ordes-Curtis, dálle ao  play e escoita a Vitoria Fernández-Armesto, de Casa Grande de Xanceda, que explica todos os puntos nunha mesa redonda de Adega.
.
Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital