Xogos fáciles reutilizando vasos de iogures

18 de Marzo de 2020

Propoñémosche tres divertidas formas de xogar reutilizando o vasiño do iogur
Non queremos que te aburras estes días que hai que quedar na casa. Así que propoñémosche que tires de imaxinación e xogues reutilizando materiais que teñas pola casa. Dámosche tres ideas sinxelas para que vaias probando e reutilizando os vasiños dos nosos iogures ecolóxicos.

 

  • Porpoñémosche 3 divertidas formas de xogar reutilizando o vasiño do noso iogur

  • Podes mellorar e complicar cada un dos xogos, iso vai depender do ben que o fagas! 

Propoñémosche tres divertidas formas de xogar reutilizando o vasiño do iogur. Dámosche tres idea sinxelas para que vaias probando e reutilizando o vasiño dos nosos iogures ecolóxicos.

Antes de comezar
Hai algo fundamental que tes que facer antes comezar:

  1. Comer moOoitos iogures de Casa Grande de Xanceda (sabemos que é un gran sacrificio, pero confiamos en ti!)
  2. Limpar moOoi ben os vasiños para utilizalos despois. 

XOGO: TIRA COA PIRÁMIDE

É un xogo moOoi sinxelo onde poñerás a proba a tu puntería.
Material necesario: vasiños de iogur e unha pelota de escuma ou de tenis
 
Cómo se xoga?

  1. Colocamos os vasiños en forma de pirámide. Tamén podes probar en forma cadrada ou varias columnas.
  2. Afástate polo menos 4 pasos e tira a pelota.
  3. Si conseguiches tiralos todos, agora volve a construir a pirámide, pero desta vez, afástate 8 pasos.
 


XOGO: ADIVIÑA ONDE ESTÁ A LAMBETADA!

Este é o típico xogo no que tes que adiviñar onde está unha bola, un dado, o unha lambetada. Para este exemplo, nós fixémolo cunha lambetada e coa nosa peludiña Malibú. Contamosche como facelo utilizando o vasiño do noso iogur ecolóxico.
Material necesario: 3 vasiños de iogur, 1 folio, 1 rotulador, unhas tesoiras e unha lambetada.
Materiales necesarios para jugar reutilizando vasos de yogur


Cómo se xoga?

  1. Facemos tres círculos no folio axudándonos do noso vasiño e recortamos
  2. A continuación pegamos os círculos no fondo do vaso
  3. Colocamos os 3 vasiños boca abaixo
  4. Agocha a lambetada debaixo dun dos tres vasiños e cámbiaos de orde.
  5. Agora averigua ónde está a lambetada. Coidado! Se a outra persoa acerta poderá comer a chuche, pero se non acerta, a lambetada é para ti!

Así xogamos coa nosa Malibú:

XOGO: FABRICA O TEU PROPIO WALKIE TALKIE

Non hai nada mellor que un walkie talkie, e este que che traemos, non precisa pilas! Poderás utilizalo entre dúas habitacións diferentes, e verás como a túa mensaxe viaxa de iogu a iogur.
Material necesario: 2 vasiños de iogur, 2 escarvadentes e un cordón longo

Materiales necesarios para walkie talkie con vaso de yogur

Cómo se xoga?

  1. Fai dous buratos no fondo do vaso do iogur
  2. Introduce o cordón atándoo ó escarvadentes, tal como ves no vídeo. 
  3. Pon a proba o walkie talkie: entre dúas habitacións diferentes fala no vaso e envía unha mensaxe. Escoitouse no outro lado? Funciona?
Prueba del walke talkie hecho con vasos de yogur

Esperamos que che gustaran estas ideas e que algún destes xogos chee axude a pasar mellor a corentena. Encantaríano ver cómo xogades nas vosas casas, así que animádevos e enviádenos alguna foto, encantarános velas!

MoOoiy pronto traeremosvos máis ideas!
Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital