05 de Setembro de 2019
Os Pasos de Vaca reivindican o rural galego de forma permanente
Conseguímolo! Os pasos de vaca xa son unha realidade en 4 ayuntemientos galegos, e desexamos que muUuy pronto estean en muUuuuchos máis puntos, non só de Galicia, senón de toda España.
Non é casualidade que os catro primeiros pasos de vaca inauguráronse nestes concellos: son concellos eminentemente rurais.
Mazaricos ostenta o primeiro posto como municipio que máis leite produce de toda España, Santa Comba está no posto nº5, A Baña ten a parroquia con máis vacas de Galicia, e Mesía é o concello onde está situada a nosa granxa: Casa Grande de Xanceda.
Todos eles coinciden en moitos aspectos: sofren o despoboamento e deben a principal actividade económica e de asentamento nas aldeas ao sector leiteiro.
Por esa razón os seus alcaldes non o pensaron dúas veces e uníronse ao movemento Paso de Vaca como mostra de orgullo do rural galego, e para converter este elemento en símbolo e icona da nosa cultura, que sexa visitable por todos.
Os catro alcaldes e Guillermo Martinez, xerente de Casa Grande de Xanceda inauguraron o Paso de Vaca da nosa granxa en representación dos outros tres pasos de vaca. A inauguración oficiouse cunha fouce como non podía ser doutra maneira!


