Un 87,5% das nosas caixas foron ocupadas
Só 4 dos 32 hoteliños para aves revisados non presentaron indicios de cría ou ocupación
En Casa Grande de Xanceda somos súper fans dos paxaros. O motivo? Cantan ben, alédannos os días de oficina pero, sobre todo, fan un importantísimo servizo ecosistémico: conteñen pragas.
Para atraelos á nosa granxa, témoslles todo un resort de luxo: caixas-niño para que poidan aniñar e gardarse en inverno, plantacións de froitos vermellos para que se alimenten e sebes, que fan a función de corredores ecolóxicos para eles.
Uns hoteis de alta ocupación
O Grupo Naturalista Habitat fai, todos os anos durante o inverno, revisión das nosas caixas. Así, poden ver en cantas aniñaron e aproveitan para limpalas e que estean listas para a cría en primavera.
Este inverno revisaron 32 caixas das 39 que temos e, das 32, só 4 non tiñan indicio de cría. Ou sexa, case un 88% de ocupación!. Nelas aniñan paxaros como rabirrubios, pardais, ferreiriños, bubelas ou aves rapaces.
Temos unha caixa, a número 10, que nunca foi ocupada, así que teremos que cambiala para ver se, cun cambio de vistas, mellora o tema.
A ledicia dos lagarteiros
Durante dous anos, os lagarteiros non aniñaron na súa caixa. Pero, este ano, ¡volveron ao seu fogar! ¡E criaron e sacaron adiante a cinco crías! Isto quere dicir que teñen dispoñible cantidade e calidade de comida na granja porque.... non é fácil sacar adiante a cinco poliños!!
Los ratos seguen coa okupación
Parece que os ratos iniciaron un movemento de okupación na granxa. Todos os anos aprópianse dalgún destes hotelazos. Este ano criaron nas caixas 19, 20 e 23, que son para páridos, pequenos paxaros, pero os nosos amigos chegaron antes.
Os morcegos prefiren as cortes
Os que non acaban de arrincar son os hoteis para morcegos. ¡Hai 12 caixas sen estrenar desde hai catro anos! Nós perseveramos pero eles seguen preferindo os teitos das cortes e as loxas dos cabalos.
As que si están aproveitando e moito os seus habitáculos son as abellas silvestres. Temos dúas caixas para elas, unha cun 20% de ocupación e a outra cun 50%! É importante telas contentas xa que son, mesmo, mellores polinizadoras que as abellas de mel.
E, con todo, seguimos tendo moitos paxarucos que prefiren facer os seus niños co método antigo: nos ocos de pedra da nosa casa agraria ou nas vigas das nosas palleiras, cortes ou alpendres.
Non perdas nada da importancia dos paxaros. Dálle ao play ao vídeo:
¿Falamos?
Estamos 100% dispoñibles para ti.
¡Elixe o método de contacto
que prefiras!.
info@casagrandexanceda.com
981 687 007 ECOVISITAS: 682 867 417
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815