Entregamos as 500 árbores de Que Galicia Vuelva a Brillar

03 de Decembro de 2019

Estas árbores axudarán a reforestar os montes queimados nos incendios de 2017
Dous anos despois de plantalos e coidalos, entregamos á  Comunidade de Montes de Matamá 500 árbores que axudarán a  reforestar varios montes que foron queimados nos tráxicos incendios sufridos en Galicia en 2017

Entregamos á Asociación de Montes de Matamá 500 árbores para reforestar os montes queimados


En outubro de 2017 máis de 49000 hectáreas foron arrasadas polos incendios que sufriu toda Galicia. Centos de miles de animais quedaron sen alimento e toda a nosa biodiversidade viuse gravemente afectada.
 
Pensamos que non podiamos quedarnos de brazos cruzados vendo esta situación e por este motivo en novembro de 2017 creamos a iniciativa “Que Galicia vuelva a brillar” co fin de contribuír na rexeneración e recuperación dos montes galegos.

 

Esta iniciativa, en colaboración coa  Comunidade de Montes de Matamá iniciouse cun taller de plantación cos visitantes da nosa granxa, onde plantaron sementes de distintas árbores en pequenas macetas. Pasados varios meses empezaron a medrar e transplantámolas a unhas macetas máis grandes.

Durante estes dous amos cuidamos destas árboles, ata que chegou o momento de entregárllelas á Comunidade de Montes de Matamá para que sexan plantadas nos seus montes, e axudar así á reforestación das zonas que foron queimadas.


 


Foto cedida por la Asociación de Montes de Matamá
 

Con esta iniciativa conseguimos 500 novas árbores que axudarán ao desenvolvemento de nova natureza nos lugares que sufriron o incendio.

 
Proxecto realizado en colaboración coa Asociación de Montes de Matamá   
 
Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital