Nunha das nosas leiras de millo creamos un EcoLabirinto
17 de Agosto de 2021
O labirinto esconde unha mensaxe que só se pode ver a vista de paxaro: COVID PÉRDETE!
Non é un labirinto calquera, esta leira de millo esconde unha mensaxe entre os seus camiños, unha que só se pode ver a vista de paxaro e que manifesta o desexo de moitos: COVID PÉRDETE!
CREAMOS UN LABIRINTO NO MILLO PARA QUE O COVID SE PERDA DUNHA VEZ!
Convertimos unha leira de millo nun labirinto
O labirinto esconde unha mensaxe que só se pode ver a vista de paxaro: COVID PÉRDETE!
É o primeiro EcoLabirinto de España creado con texto que utiliza a tecnoloxía de agricultura de precisión
Convertimos unha das nosas leiras de millo ecolóxico nun divertido labirinto para os visitantes da granxa. E non é un labirinto calquera!, este milleiro esconde unha mensaxe entre os seus camiños, unha que só se pode ver a vista de paxaro e que manifesta o desexo de moOooitos: COVID PÉRDETE!
UN ECOLABIRINTO PARA QUE O COVID SE PERDA
Unha finca dunha hectárea de millo converteuse nun labirinto que esconde camiños sen saída e unha mensaxe “COVID PÉRDETE”, cun traxecto de aproximadamente 1 km.
O labirinto é un gran chamamento ao COVID para que acuda ao labirinto e se perda dunha vez por todas! Como solución ao COVID aínda non está probado que sexa eficaz, pero sí está probado, desde esta fin de semana polos primeiros visitantes, como atracción de diversión e entretemento.
O PRIMEIRO ECOLABIRINTO CREADO CON TECNOLOXÍA DE AGRICULTURA DE PRECISIÓN
Xa fixemos labirintos entre o millo no pasado, para sorpresa e diversión dos nosos visitantes, pero desta vez é diferente! É unha ocasión especial porque para crear este labirinto "Anti-COVID" utilizouse tecnoloxía de agricultura de precisión.
Esta tecnoloxía programa ao tractor cun sistema de guiado e orde de sementeira. O diseño do labirinto, elaborado a escala, e a forma da finca introdúcense nun software de guiado que indica cómo percorrer e sementar a finca, neste caso, en forma de labirinto con mensaxe.
Os labirintos no millo teñen unha laaarga tradición en EEUU e en Gran Bretaña onde todos os anos millóns de persoas esperan ansiosas a que o millo estea o suficientemente alto como para poder inaugurar a tempada de labirintos.
O ECOLABIRINTO
En Casa Grande de Xanceda traballamos durante meses para que este labirinto tan especial estea listo.
Durante o traxecto, que mide en total máis dun kilómetro, os visitantes encontrarán claves que lles axudarán a escoller o camiño correcto (ou o erróneo), pasadizos segredos e ata un maizómetro!
UNHA LEIRA DE MILLO ECOLÓXICA
As nosas leiras de millo son ecolóxicas, isto significa que non foron tratadas nin con herbicidas, nin con insecticidas, nin con abonos químicos.
Ademais, ao non usar químicos os prados e ríos non son contaminados axudando así á biodiversidade e a conservar un ecosistema san. E iso nótase! No labirinto de millo pódense apreciar todo tipo de herbas, insectos… Tamén por esta razón, unha leira de millo ecolóxico, produce ata un 40% menos.
O labirinto só durará ata finais de setembro ou principios de outubro, cando será recollido para alimento das nosas vacas.
VISITAS XA COMPLETAS EN AGOSTO, E NOVAS VISITAS EN SETEMBRO
Casa Grande de Xanceda somos unha granxa real e en funcionamento. Recibimos visitas en grupos pequenos e é imprescindible reserva previa a través da web, requisito indispensable para organizar as dúas actividades (visitas e traballo na granxa) e conservar unha granxa tranquila para felicidade e benestar dos nosos animais.
As visitas do mes de agosto xa están completas, pero o 2 de setembro ás 12.00h poderanse reservar as visitas do mes de setembro dispoñibles a través da páxina web: https://www.casagrandexanceda.com/gal/ecovisitas-particulares.html
Todas as visitas de setembro inclúen ecolabirinto, contacto directo cos animais e degustación dos nosos produtos ecolóxicos que elaboramos na granxa.
¿Falamos?
Estamos 100% dispoñibles para ti.
¡Elixe o método de contacto
que prefiras!.
info@casagrandexanceda.com
981 687 007 ECOVISITAS: 682 867 417
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815