26 de Abril de 2016
Cultiva Mazás é un proxecto educativo para o emprendemento, impulsado por Casa Grande de Xanceda.Na xornada de hoxe, Elena Ferro compartiu cos participantes de Cultiva Mazás, a súa experiencia como emprendedora. Elena Ferra transformou a zoquería tradicional que herdou, nunha zoquería con personalidade e orixinalidade. “O máis importante para min, tanto para a inspiración dos deseños dos zocos, como para o futuro do meu proxecto está no rural” , comentaba Elena Ferro os mozos e mozas de 3º de ESO do CPI de Xanceda que participan en Cultiva Mazás.
Os participantes de Cultiva Mazás, compartiron tamén con Elena Ferro os proxectos que están a desenvolver en grupos, e cos que pretenden gañar os premios finais de Cultiva Mazás, entre eles saíron proxectos como textiles ecolóxicos e sostibles, granxas de caracois ou mesmo bombas de baño…. Todos cunha característica en común: o rural galego.
Este encontro con Elena Ferro, foi unha das formacións con emprendedores no marco de Cultiva Mazás. Desde primeiros de marzo, os participantes xa recibiron a visita de outro emprendedor como German García de Cortes de Muar, realizaron a visita a Casa Grande de Xanceda, onde tiveron a oportunidade de escoitar a Rosa Cardeso, gurú do emprendemento, e tamén de falar con Guillermo Martínez, xerente e socio de Casa Grande de Xanceda. Próximamente tamén, irán coñecer outras experiencias emprendedoras coa visita a Pazo Vilane, productores de ovo de corral. O proxecto finalizará en maio, coa presentación final dos proxectos e a entrega de premios.
"Cultiva mazás" é un proxecto que pretende fomentar o emprendemento como vía de futuro para combatir a gran despoboación que está sufrindo o rural de Galicia, estímase que cada ano 30 aldeas se quedan desertas en Galicia, en concreto Mesía, o concello no que se asenta Casa Grande de Xanceda, foi o concello con menos nacementos da comarca de Ordes no 2014, o que é unha proba da urxente axuda que necesita o rural para sobrevivir. Este proxecto forma parte das accións sociais que realiza Casa Grande de Xanceda como parte da súa responsabilidade social corporativa. >
