Educando con Malibu

19 de Febreiro de 2020

Ningún can sen fogar
Neste proxecto educativo, a nosa cadeliña Malibú educa aos nenos na tenencia responsable de animais e fomenta a adopción dos peludos abandonados.

EduCANdo con Malibú, ningún can sen fogar 

Malibú, a protagonista peluda de EduCANdo con Malibú, e unha persoa  do noso equipo visitan ós nenos de Primaria de Galicia para ensinarlles a ser máis responsables e a ter máis respecto e sensibilidade cos animais. 

O noso obxectivo: loitar contra o abandono e fomentar a adopción.


En 2016 empezamos este proxecto educativo, totalmente gratuíto para os colexios, e dende aquel momento xa chegamos a máis de 15000 nenos, guau!
 

En que consiste unha formación de EduCANdo con Malibú?

A través dunha presentación, vídeos e divertidos xogos os nenos aprenderán diferentes contidos como:
 

  • Coñocer as responsabilidades que implica ter un compañeiro peludo na familia e os cuidados necesarios para o seu benestar

  • Concienciación sobre o grave problema do abandono e a realidade das canceiras

  • A importancia da adopción e das segundas oportunidades

  • Animar á colaboración con asociacións que axudan aos animaies que máis o necesitan (voluntariado, donacións...)

  • Aprender comportamentos cívicos (limpar as cacas de noso peludo cando imos de paseo...)
     

 

Ó acabar a clase, Malibú regala a todos un diploma de Experto en animais felices e unha divertida tatuaxe, para que lembren todo o aprendido na clase. 

   
 

Por que son necesarias estas formacións?

O abandono de animais é unha triste realidade da nosa sociedade.

España é un dos países que máis abandona da Unión Europea, en 2018 abandonáronse máis de 138.000 cans e gatos. Por iso, estas clases de tenencia responsable de animais son tan importantes e estamos moi orgullosos da labor que está a facer a nosa pequena Malibú concienciando ós nenos, os futuros donos de animais, e a súa loita para acabar co abandono.

 

Queres que Malibú visite ó teu colexio?

Entra en la web de EduCANdo con Malibú para máis información e para solicitar unha visita ó teu colexio

Educando con Malibú

A historia de Malibú. De animal abandonado a loitar contra iso

Malibú levaba ó menos 3 días no mesmo punto dunha estrada que leva á nosa granxa, desorientada e sen saber a onde ir. Aquela situación era moi rara, e despois de preguntar ós veciños da zona, unha compañera de noso equipo recolleu a Malibú para traela a Casa Grande de Xanceda. Puxemos carteis e avisamos ós veciños, pero ninguén  a reclamaba. Eramos testemuñas dun caso de abandono animal.

Non somos unha protectora, polo que non podemos acoller máis animais na nosa granxa. Con todo, Malibú foi un caso único e moi especial, polo que decidimos adoptala, e agora xa é parte da familia de Casa Grande de Xanceda

Agora Malibú ten Instagram, onde conta  a súa  vida de profe e o seu día a día na granxa. Síguea!


Esta cadeliña converteuse no símbolo desta loita, fomentando en cada clase a adopción de animais abandonados, educando na solidaridade e no respecto ós animais.

Por eso fixémola protagonista de todos os proxectos relacionados con esta causa, e por esta razón puxémoslle este nome á iniciativa: educando con Malibú
 

  Vídeo de Malibú traballando:
 
Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital