19 de Febreiro de 2020
Ningún can sen fogarNeste proxecto educativo, aos nosos cadeliños, Malibú e Mazapán educan aos nenos na tenencia responsable de animais e fomenta a adopción dos peludos abandonados.
Malibú e Mazapán, os protagonistas peludos de EduCANdo con Malibú e Mazapán, e unha persoa do noso equipo visitan ós nenos de Primaria de Galicia para ensinarlles a ser máis responsables e a ter máis respecto e sensibilidade cos animais.
O noso obxectivo: loitar contra o abandono e fomentar a adopción.

En 2016 empezamos este proxecto educativo, totalmente gratuíto para os colexios, e dende aquel momento xa chegamos a máis de 11000 nenos, guau!
A través dunha presentación, vídeos e divertidos xogos os nenos aprenderán diferentes contidos como:
Coñocer as responsabilidades que implica ter un compañeiro peludo na familia e os cuidados necesarios para o seu benestar
Concienciación sobre o grave problema do abandono e a realidade das canceiras
A importancia da adopción e das segundas oportunidades
Animar á colaboración con asociacións que axudan aos animaies que máis o necesitan (voluntariado, donacións...)
Aprender comportamentos cívicos (limpar as cacas de noso peludo cando imos de paseo...)

Ó acabar a clase, Malibú e Mazapán regalan a todos un diploma de Experto en animais felices, un debuxo por puntos e unha divertida tatuaxe, para que lembren todo o aprendido na clase.

O abandono de animais é unha triste realidade da nosa sociedade.
España é un dos países que máis abandona da Unión Europea, en 2018 abandonáronse máis de 138.000 cans e gatos. Por iso, estas clases de tenencia responsable de animais son tan importantes e estamos moi orgullosos da labor que están a facer os nosos pequenos Malibú e Mazapán concienciando ós nenos, os futuros donos de animais, e a súa loita para acabar co abandono.

Entra en la web de EduCANdo con Malibú e Mazapán para máis información e para solicitar unha visita ó teu colexio
Malibú levaba ó menos 3 días no mesmo punto dunha estrada que leva á nosa granxa, desorientada e sen saber a onde ir. Aquela situación era moi rara, e despois de preguntar ós veciños da zona, unha compañera de noso equipo recolleu a Malibú para traela a Casa Grande de Xanceda. Puxemos carteis e avisamos ós veciños, pero ninguén a reclamaba. Eramos testemuñas dun caso de abandono animal.
Non somos unha protectora, polo que non podemos acoller máis animais na nosa granxa. Con todo, Malibú foi un caso único e moi especial, polo que decidimos adoptala, e agora xa é parte da familia de Casa Grande de Xanceda.
Agora Malibú e Mazapán teñen Instagram, onde conta a súa vida de profe e o seu día a día na granxa. Sígueos!

Esta cadeliña converteuse no símbolo desta loita, fomentando en cada clase a adopción de animais abandonados, educando na solidaridade e no respecto ós animais.
Por eso fixémola protagonista de todos os proxectos relacionados con esta causa, e por esta razón puxémoslle este nome á iniciativa: Educando con Malibú e Mazapán.
