Día do Leite: así o celebramos

01 de Xuño de 2022

A muUuralla de Lugo vestiuse de vaca para celebrar o Día do Leite
Como sabes, todo mellora con print de vaca! Por iso, proxectamos manchas de vaca na muUuralla de Lugo para visibilizar a importancia do sector lácteo para a supervivencia do rural
Sabías que Galicia é a principal productora de leite do Estado e que máis de 8000 familias se dedican ao sector lácteo? Polo Día do Leite quixemos facerlle unha homenaxe a todas elas e celebralo por tooodo o alto. Onde? Pois en Lugo!

Lugo, terra de vacas!

Lugo é a provincia de Galicia con maior número de vacas, nin máis nin menos que 263.021! En 38 dos seus concellos hai máis vacas que persoas e ademáis Lugo é o concello urbano de Galicia con maior número de vacas: case 10.000!

Así que collemos a nosa vaquiña Rosalía e para alá fomos a celebrar o día do leite con todos os lucenses. E que canteira de gandeiros atopamos! Os máis pequechos nin precisaron a nosa axuda para muxir a Rosalía!  


 

Luces, cámaras… e leite! 

Pero a verdadeira festa empezou coa caída do sol. Cun brinde de leite inauguramos o noso Paso de Vaca na muUuralla de Lugo. Todas as persoas que pasaron pola Porta de Santiago pudieron gozar do espectáculo que non deixou indiferente a ningún lucense. 

O leite mola!

Sabías que o leite tamén é bo para a saúde do ecosistema? A agricultura e a gandería en ecolóxico son fundamentais para a biodiversidade. Os nosos prados están libres de pesticidas e herbicidas e grazas a iso as nosas vaquiñas comparten pasto coas nosas abellas, tan importantísimas para a polinización! 

Parte dos terrenos nos que se asenta Casa Grande de Xanceda son recoñecidos como Espazo Natural Protexido e o que acredita o informe técnico é que boa parte da biodiversidade contida nos pastos, bosques e humedais da granxa desaparecería sen a actividade agrogandeira en ecolóxico. 
Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital