O noso Consello Maior de Vacas quixo enviar unha doazón a Bomberos Unidos Sin Fronteras
Este grupo estivo desde o 6 de febreiro traballando en campo cos seus peludos de rescate. Ata hoxe loitaron por facer os últimos rescates
A semana pasada o noso Consello Maior de Vacas quixo poñer o seu gran de area para a catástrofe do terromoto de Siria e Turquía. O xeito que se lles ocorreu foi facer unha doazón económica de 500€ a Bomberos Unidos Sin Fronteras. Esta é unha ONG constituída por bombeiros especializados en emerxencias e catástrofes.
Este grupo de bombeiros españois estivo desprazado na zona de Elbistan desde o día 6 de febreiro cos seus compañeiros peludos de rescate. Foron o primeiro equipo de búsqueda extranxeiro. Aquí podes ver unha reportaxe de Antena3 sobre as súas labores no lugar.
¿Falamos?
Estamos 100% dispoñibles para ti.
¡Elixe o método de contacto
que prefiras!.
info@casagrandexanceda.com
981 687 007 ECOVISITAS: 682 867 417
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815