26 de Febreiro de 2020
Emprende no rural
Con este proxecto educativo queremos atopar nos máis novos o futuro do rural de Galicia, que sofre unha drástica situación de despoboación. O obxectivo de Dá o Paso é motivar á xuventude para ser futuros emprendedores.
Como é esta formación?
A través dunha formación moi dinámica e participativa os alumnos aprenden que ser emprendedor no rural, engadindo valor a un proxecto, é posible e que o texido empresarial é fundamental para loitar contra a despoboación que está asolando centos de aldeas de Galicia.

A formación conta cuns invitados moi especiaies: Elena Ferro, Gerardo Lagares, Pepe Sotelo e Carla Varela, todos emprendedores de éxito no rural cos seus proxectos Eferro, Naturavia y Orballo. A través de vídeos contan a súa experiencia desenvolvendo un proxecto no rural e aconsellan a aqueles que se animen no futuro a comezar o seu propio proxecto.

Ó alumnado de bacharelato ou formación de FP de Galicia, os futuros emprendedores do rural!
Para saber máis sobre esta formación ou reservar unha data visita súa página web.

Este proxecto educativo Dá o paso, emprende no rural é unha iniciativa totalmente gratuíta e que forma parte do movemento Paso de Vaca , que pretende reivindicar o rural e a vaca como símbolos de Galicia.

Anteriormente realizamos outro proxecto para fomentar o emprendemento chamado Cultiva Mazás, ti podes ser o Steve do Rural. Durante tres años, dende o 2016 ata o 2019, realizamos diferentes accións que apoiaban o empredemento como fórmula para loitar contra a actual despoboación do rural. Durante este tempo organizamos varias formacións específicas para emprendedores e tamén visitas a empresas exemplo de emprendemento exitoso ubicadas no rural.
Con toda esta experiencia anterior, comenzamos este novo proxecto educativo Dá o Paso, co que confiamos motivar as novas xeneracóns para que aposten por un futuro no rural.

