Coidamos da natureza

21 de Xuño de 2021

Somos Biogranxa porque traballamos coa natureza, non contra ela
En Casa Grande de Xanceda desenvolvemos múltiples ideas e proxectos para manter cheo de biodiversidade a nosa contorna
En Casa Grande de Xanceda temos unha máxima: traballar coa natureza, non contra ela. Por iso, coa axuda das ideas do del Consello Maior de Vacas, implementamos diversos proxectos e accións para mellorar a contorna onde se asenta a nosa granxa.

Sistema de burrovixilancia

Convivimos con todos los animales silvestres que nos rodean e iso inclúe ao lobo! Para protexer ás nosas 300 vacas temos a tres burros orelludos e oito mastíns. Os burros coas súas suÚuper orellas, escoitan ao lobo antes que ninguén e emiten un son altísimo que xa pon en alerta aos mastíns e ás propias vacas. Iso si, fóra diso, os lobos poden facer uso das nosas 200 hectáreas de terreo, son benvidos!

Ademais de lobos tamén podemos atopar ourizos, raposos, píntegas, ras... 

 

Educar en valores 

Para transmitir o noso sistema de traballo, recibimos visitas familiares e escolares á nosa granxa. Dentro delas, temos un programa específico de visitas de biodiversidade.

Tamén acudimos aos colexios con tres formacións: Rosco ó Rescate, EduCANdo con Malibú e Dá o Paso. 



Rosco é un ourizo das fragas de Xanceda que vai polos colexios para ensinar aos máis pequenos valores tan importantes como o respecto ao medio ambiente e á conservación da contorna, e facelos partícipes desta misión global de coidar o noso Planeta.

En EduCANdo con Malibú, a nosa cadeliña Malibú, ensina ao alumnado tenencia reponsable de animais e ten como obxectivo fomentar a adopción e reducir o abandono.

Finalmente, Dá o Paso, conciencia ao alumnado adulto na posibilidade de emprender no rural e como facelo.

Así, estes tres programas, están relacionados cos nosos pilares: o respecto á natureza, o benestar animal e o compromiso co rural.

Dalle ferramentas á natureza

A natureza é resiliente: tende a rexenerarse. En Casa Grande de Xanceda traballamos para axudala neste proceso.



Temos 50 casas niño para paxaros e insectos, plantamos froitos vermellos e unhas 400 árbores autóctonas cada ano. Ademais, mantemos grandes marxes de vexetación en todas as nosas fincas para que sexan refuxio de fauna. 
 
Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital