Crónica dun espazo natural protexido

09 de Maio de 2022

Fragas e Brañas do Alto Gaiteiro: un bo fogar no que vivir
En Casa Grande de Xanceda temos 75,4 hectáreas recoñecidas pola administración galega como ‘’fogar perfecto para calquera especie de planta, animal ou bechiño que queira convivir con nós’’. Non o cres? Contámoscho aquí!
 
O xerente de Casa Grande de Xanceda, Guillermo Martínez, decidiu, a principios de 2020 propoñer as fragas e brañas do Alto Gaiteiro como espazo privado de interese natural ante a Xunta de Galicia.  E, por fin, isto é real: a administración galega vén de declarar boa parte dos terreos de Casa Grande de Xanceda como espazo natural protexido. Tras un informe técnico, acreditouse que as Fragas e Brañas do Alto Gaiteiro posúen valores singulares que reúnen as condicións para esta declaración. Isto significa que todos os habitantes dos nosos prados, fragas e brañas gozarán de especial protección.

De que habitantes falamos?

Pois dunha chea deles! A nosa especialidade é traballar para que as nosas vacas sexan moOoi felices mais, no proceso, aproveitamos para que o resto de especies que vivían e viven na zona queden con nós nunhas condicións de luxo. Estamos a falar dun total de 92 tipos de aves, dúas delas vulnerables, 26 tipos de mamíferos e 13 de anfibios, dos cales 7 son especies vulnerables. A estes súmanse 9 tipos de réptiles, dous deles en réxime de protección especial, ademais dos que pasan máis desapercibidos, os invertebrados (unhas 60 especies!) xunto con 3 especies de peixes continentais. E, moOoito ollo!! Tamén temos 145 tipos de prantas!  

Como sabes, en Casa Grande de Xanceda, conservamos 200 hectáreas de pastos, bosques e humedais libres de herbicidas, pesticidas e fertilizantes químicos desde hai décadas. O informe técnico presentado para a consecución do espazo privado de interese natural recolle que “a diversidade de insectos e polinizadores é considerable” e a “notable mostra de sebes, brañas, fragas e vexetación, fan que esta paraxe manteña uns valores naturais que merecen ser preservados e potenciados”.

No prado de Gamarzal temos colocadas varias colmeas porque é prado multifloral e con moOoitoas árbores autóctonas. Dalle ao play e coñéceo por ti mismo!



Ademais, o informe subliña que o abandono da actividade agraria ecolóxica de Casa Grande de Xanceda poñería en risco a diversidade da zona, con degradación da paisaxe e perda de biodiversidade. Ou sexa: que as vacas teñen moOoito mérito en todo isto.

O informe tamén considera esenciais os polinizadores, como as abellas. As nosas amigas axudan ao resto do ecosistema a medrar e manterse forte, son básicas para que medren os nosos cultivos e dannos unha muUuliciosa mel. 

Fans do verde

Contan tamén cunha especial mención as nosas carballeiras galaico-portuguesas que son as avoas de toda esta contorna, xa son centenarias! E aínda lles quedan moOoitos aniversarios máis! Como reforzo nós plantamos 400 árbores autóctonas nas marxes dos nosos prados: ademais de axudar na loita contra o cambio climático son sombra e rañadores para as nosas 300 raíñas.

E non só podemos presumir de carballos: na nosa granxa podes atopar bidueiro, salgueiro, sanguiño, abeleira, estripeiro, silva, senecio de folla longa e numerosos fieitos. Iso si, as especies dominantes son o carballo, o castiñeiro e o loureiro. Tamén podes atopar polas nosas corredoiras loureiro real, acivro ou carballo cerqueiro.
 
Dalle ao play e piérdete nun dos camiños de árbores autóctonas do noso espazo natural protexido!
 

O patrimonio é o que somos

No espazo natural Fragas e Brañas do Alto Gaiteiro non só son importantes os elementos naturais que o constitúen, tamén o é a paisaxe e a contorna que o rodean. Este espazo natural ten arredor unha paisaxe agraria galega clásica, libre de grandes construcións ou infraestruturas industriais que o contaminen. Por iso, o informe técnico presentado ante a Xunta recoñece a relevancia dentro deste espazo natural do grupo arquitectónico que constitúe a Casa Grande, unha casa agraria do s. XVIII xunto co seu hórreo, recoñecido como BIC pola Xunta por ter máis de 100 anos de antigüidade. A casa é o noso emblema, ata tal punto que fixemos dela o noso logo.

O ciclo sen fin

O caso é que somos parte dunha cadea! Non podemos esquecer que vivimos co resto de especies de plantas e animais, se eles desaparecen, perderemos toda a riqueza que nos aporta. Imaxina: que sería dun mundo sen mel? Ou sen abellas que axuden a florecer as nosas plantas? E sen esas plantas?!?!?!?

Casa Grande de Xanceda apostou dende sempre pola gandería ecolóxica, polo pastoreo e polos produtos de baixo impacto medioambiental.
Finalmente, o que nos permite este recoñecemento de espazo natural protexido é que todo o traballo por manter o ecosistema da nosa terra case intacto se blinde de especial protección por parte dos organismos públicos, impedindo así calquera tipo de agresión ao entorno, como pode ser a construción de autovías, eólicos, industrias contaminantes ou calquera cousa que lle poida causar mal aos animais e plantas que aquí residen.

E non o conseguimos sós! Lográmolo grazas ao teu agarimo e apoio. Cada produto de Casa Grande de Xanceda ten un fondo de benestar animal, de defensa da natureza, e de especies protexidas e moOoi felices.
Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital