Como se fixo a manifestación de vacas

08 de Marzo de 2021

En Xanceda só desenvolvemos accións que non danen nin estresen aos nosos animais
Este ano, para reivindicar aquelas manifestacións que non se puideron celebrar pola covid19, no paseo das nosas vacas aos campos, tinguimos de violeta os caminos
Este ano quixemos reivindicar a todas  aquelas  manifestacións  do 8 M que son posibles pola covid19. E fixémolo coma sempre: unindo vacas e rural, e así saíu a “manifestación de vacas polo 8 M”. Vaia, en realidade trátase do camiño que realizan as vacas todos os días para ir ao prado e que adornamos para que simulase unha manifestación chea de violeta!.



Moitas preguntádesnos pola pintura que utilizamos: é especial para animais, non é tóxica e vaise moi rápido coa auga. Comprobado na nosa propia pel! Para recrear o ambiente de manifestación, recorremos a trucos audiovisuais para que parecesen moitas vacas pero, en realidade, eran  moOoi poucas. 

En Xanceda a igualdade é algo moi importante e sempre buscamos a maneira de reivindicala. O ano pasado fixemos o símbolo da muller máis grande do mundo segado en herba nunha das nosas praderías. Quedou de luxo!



Tamén estamos moi orgullosas do mural que realizamos na nosa granxa en homenaxe ás mulleres do rural.


Tamén gravamos vídeos nos que participaron moitas das nosas compañeiras.

En Xanceda somos maioría mulleres e mulleres do rural. Reivindicar a igualdade no rural é aínda máis necesario se cabe. Temos todas as reivindicacións: igualdade nos soldos, igualdade nos permisos de maternidade, non á violencia machista... pero a maiores tamén sufrimos a falta de servizos como gardería, centros de maiores ou axuda para o fogar.

Todo isto remata sendo un lastre para as mulleres do rural que son as que terminan encargándose dos coidados, renunciando ás súas carreiras profesionais ou opcións persoais para cubrir algo do que toda a sociedade deberíase encargar: do benestar da infancia e as persoas maiores.
 
Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital