18 de Febreiro de 2020
Apoiamos ás familias do rural
A chegada dun bebé sempre é motivo de alegría, pero sobre todo en concellos rurais onde a despoboación vai en aumento e hai moi baixa natalidade.
Dende Casa Grande de Xanceda, queremos axudar na loita contra a despoboación tan drástica que asola o noso rural. Por eso, ademais de proxectos educativos que fomenten o emprendimiento no rural, como Dá o Paso, queremos premiar a esas persoas que deciden formar aquí a súa familia e que manteñen o rural vivo.
Con esta premisa nace o noso proxecto Celébrao con Leite, co que regalamos todas as semanas 2 litros de leite ou 2 packs de iogures ós bebés de 0 a 12 meses dos Concellos de Mesía e de Frades
Os requisitos para acollerse a esta iniciativa son:
-Que os bebés teñan entre 0-12 meses
-Que un dos pais esté empadronado actualmente en Mesía ou en Frades
As familias interesadas deben acudir a nosa Ecotenda para inscribir ó bebé.
Celebremos que o rural medre!

