Celebramos o día de Galicia musicando a Eduardo Blanco Amor

24 de Xullo de 2020

Este poema foi dedicado a Casa Grande de Xanceda nunha das tempadas que viviu na nosa granxa
Eduardo Blanco Amor mantiña amizade co fundador da nosa granxa, Felipe Fernández Armesto, xa que os dous eran ourensáns e coñecíanse dos círculos galeguistas da cidade, polo que Felipe e a súa muller Victoria convidárono á súa casa, a Casa Grande de Xanceda, e aquí pasou varias tempadas.

Musicamos o poema que o poeta Eduardo Blanco Amor dedicou a Casa Grande de Xanceda 

Celebramos o día de Galicia estreando esta fermosa canción composta polo grupo Bellón Maceiras a partir do poema ¡Viva! que o escritor Eduardo Blanco Amor dedicou a Casa Grande de Xanceda no ano 68, nunha das longas tempadas que viviu na nosa granxa. O poema reflexa o cariño do poeta polos fundadores da granxa, Felipe e Victoria, así como a súa sensibilidade cara a natureza e os animais.

As nosas vacas foron unhas auténticas privilexiadas! Foron as primeiras en escoitar esta peza con Daniel Bellón á gaita, Diego Maceiras ao acordeón e Álex Insua na voz. Un momento máxico e inolvidable! 

 
Manuscrito do poema de Eduardo Blanco Amor.

A relación do poeta cos fundadores de Casa Grande de Xanceda

Eduardo Blanco Amor é un dos grandes da literatura galega, escritor de obras como Os Biosbardos ou A esmorga, e tamén periodista. Destaca especialmente a relación especial que mantivo co poeta Lorca, sendo Blanco Amor coautor e editor de “6 poemas gallegos", un dos ultimos libros publicados en vida de Lorca.
 

 
El sobreviviu á guerra civil, pero foi un poeta con moitas dificultades durante o franquismo pois era abertamente homosexual. Nos anos 60 pasaba un momento económico complicado, vivindo nun hotel e sobrevivindo gracias a algunha crónica no diario La Nación. Eduardo Blanco Amor mantiña unha amizade co fundador da nosa granxa, Felipe Fernández Armesto, xa que os dous eran ourensáns e coñecíanse dos círculos galeguistas da cidade, polo que Felipe e a súa muller Victoria convidárono á súa casa, a Casa Grande de Xanceda, e aquí pasou varias tempadas.

A primeira vez que Eduardo Blanco Amor veu a Casa Grande de Xanceda foi no Nadal do 68, podemos dicir que foi un dos primeiros visitantes da nosa granxa. Durante as súas estancias en Xanceda,  adicouse as súas grandes paixóns: a literatura e a fotografía. Destas visitas gardamos un fermoso recordo, unha fotografía feita polo propio Blanco Amor das 20 primeiras vacas que chegaron á nosa granxa. Grazas a esta fotografía quedaron plasmadas as tatara- tataravoas das nosas vaquiñas que xa por aquel entón saían a pastar todos os días aos prados.
O verán do 69 tamén o pasou en Xanceda e como anécdota contarvos que aquí celebrou a chegada do home á lúa abrindo unha botella de champán na compañía de Felipe e Victoria.

Fotografía firmada por Eduardo Blanco Amor en Casa Grande de Xanceda no 1968
 
 
Outra fotografía feita por Eduardo Blanco Amor. O rapaz é Juan, fillo de Victoria e Felipe mentres lía.
 
Esta canción que hoxe estreamos é unha homenaxe a este poema e a todos os recordos que nos deixou Eduardo Blanco Amor durante a súa estancia na granxa. É todo un privilexio gardar estas obras tan especiais dun dos poetas máis importantes do século XX.

Feliz día de Galicia!
Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital