25 de Abril de 2016
Voluntarios de Cruz Vermella de Ordes, representantes da organización e os compañeiros de Casa Grande de Xanceda, celebran o acordo.Apoiar á infancia en dificultade social da zona de Ordes, él obxetivo do acordo subscrito esta tarde por Casa Grande de Xanceda e a Cruz Vermella de Ordes, que establece que a granxa doará os seus excedentes de produtos lácteos para as merendas saudables dos menores que participan no proxecto de "Promoción do éxito escolar" durante o curso actual.
En concreto, tratase do proxecto “Promoción do Éxito Escolar”, no que participan 12 rapaces de familias en risco de exclusión que tres veces por semana acuden á sede de Cruz Vermella en Ordes, ónde o voluntariado lles entrega merendas saudables e os apoia nas tareas escolares, traballan con eles hábitos de aprendizaxe, ademáis de entregarlles material escolar, organizar actividades de ocio e traballar cos seus proxenitores a través dunha escola de pais e nais.
“Para nos é moi importante esta colaboración con unha empresa como Casa Grande de Xanceda, que é da nosa zona e coa que compartimos moitos valores. Este acordo demostra a importancia de que todos os axentes sociais sumemos esforzos para construir unha sociedade máis xusta”, sinalou Manuel Viqueira, presidente de Cruz Vermella en Ordes. Para Guillermo Martínez, xerente de Casa Grande de Xanceda, “O obxectivo do noso proxecto é ser sostibles economica e medioambientalmente, por eso o noso compromiso está co medio, cos animais e coas persoas"
O acordo firmouse tras a visita á granxa de varios membros dos órganos directivos de Cruz Vermella Ordes e tras a aprobación do Consello Maior de Vacas de Xanceda.
