Casa Grande de Xanceda ponse patas arriba contra o maltrato animal.

14 de Novembro de 2018

Para poñer fin ao maltrato animal, lanzamos LAS PATAS ARRIBA, unha iniciativa solidaria coa que pretendemos concienciar sobre o maltrato e axudar a dúas protectoras.
En Casa Grande de Xanceda, se hai un tema que nos preocupa, éo benestar dos animais. A miúdo sofren situacións inxustas e eles non poden defenderse. Fartos disto, ¡Queremos darlles voz!.
  • Lanzamos a campaña “Las patas arriba”: un proxecto contra o maltrato animal
  • O noso obxectivo é conseguir 2.000€ en comida, que se repartirán entre dúas protectoras, e concienciar sobre as diferentes situacións de maltrato que sofren os animais.
  • Participa con unha foto e o hashtag #LasPatasArriba en Instagram.
 
Dende Casa Grande de Xanceda creamos a campaña “Las Patas Arriba”, co obxectivo de concienciar sobre a loita contra o maltrato animal e doar 2000€ en comida a dúas protectoras de Galicia.

Las Patas Arriba Objetivo 2000 Fotos

Unha destas protectoras é Patrulla Callejera, unha asociación de Ourense formada por voluntarios, que se encargan de alimentar, tratar e incluso castrar co seu propio diñeiro, xa que non reciben axuda das institucións. Se estás interesado en coñecelos ou axudarlles, fai click aquí.
 
Pro animales Carballiño ten como misión a procura dun fogar para cans y gatos abandonados da canceira de O Carballiño, e o control de superpoboación. Tamén ten como valor defender os seus dereitos e loitar contra o maltrato. ¡ bota unha ollada si che interesa!

En España son abandonados 16 cans ou gatos cada hora. Unhas cifras escandalosas contra as que moitas persoas e asociacións loitan cada día. Casa Grande de Xanceda propón “Las patas arriba” co propósito de sacar unha axuda económica para estas dúas asociacións, ademais de concienciar sobre o abandono e o maltrato.
Sobre todo pedimos concienciación en estas fechas, onde os cachorros ou gatiños son usados como regalos e uns meses despois, son abandonados porque requiren uns coidados ou simplemente, porque se cansan de eles.
Únete a  Revolución Animal de #PatasArriba
Só tes que subir unha foto a Instagram dun animal coas patas arriba co hashtag #laspatasarriba, aproveita para escribir porqué te revolucionas ti!! Por cada foto con #LasPatasArriba, Casa Grande de Xanceda doará 1€ en comida a estas dúas asociacións protectoras de animais. O noso obxectivo e chegar as 2.000 fotos que se converterán en 2000€ de alimento para animais sen fogar.

Ellos ya se han unido ¿a que esperas?

Bótalle unha ollada a web da iniciativa www.laspatasarriba.com, onde poderás seguir o avance das doacións e encontrarás as fotos dos peludos que ¡¡xa se puxeron patas arriba polos dereitos dos animais!!
¡Levanta as túas patas e únete a revolución animal!
Casa Grande de Xanceda

¿Falamos?

Estamos 100% dispoñibles para ti. ¡Elixe o método de contacto que prefiras!.
mail
info@casagrandexanceda.com
telefono
981 687 007
ECOVISITAS: 682 867 417
localización
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815
feito en galicia
Kitdigital