Casa Grande de Xanceda consegue o espazo natural protexido
26 de Abril de 2022
Esta figura recoñece os valores naturais da nosa granxa e axuda a sua protección
A Conselleira de Medioambiente, Ángeles Vázquez e o xerente de Casa Grande de Xanceda, Guillermo Martínez, inauguraron este espazo: Fragas e Brañas do Alto Gaiteiro
E parte deste mérito téñeno as nosas vacas, non o sabías? Pois como cho contamos, son unha solución sostible ao cambio climático.
A gandería ecolóxica permite, entre outras moitas cousas, o mantemento sostible e responsable do ecosistema no que se establece. En casa Grande de Xanceda apostamos desde sempre por esta premisa e agora vese recompensada mediante a declaración, por parte da Xunta de Galicia, do Espazo Privado de Interese Natural.
Que é un Espazo Privado de Interese Natural?
Pois ben, é un recoñecemento mediante o cal se blinda de especial protección a determinadas zonas naturais para protexer en maior medida as especies que nelas habitan. Estamos a falar, neste caso, dunhas 75 hectáreas de Casa Grande de Xanceda chamadas Fragas e Brañas do Alto Gaiteiro nas que viven moOoitisimos bechiños, animais e plantas autóctonas. E non é pouca cousa! Suman un total de 350 especies distintas: Unha tolemia! Tanto como 145 especies de plantas, 92 de aves (dúas delas especie vulnerable), 26 especies de mamíferos, 13 de anfibios (sete delas vulnerables), 9 réptiles (dous delas en réxime de protección especial), 60 especies de invertebrados e 3 especies de peixes continentais.
A conselleira de Medioambiente, Ángeles Vázquez e o noso xerente, Guillermo Martínez inauguraron este espazo, unha figura que Casa Grande de Xanceda leva traballando para conseguir desde 2020.
Por que é tan boa noticia que nos concedan o Espazo Natural Protexido?
Porque significa que estamos a facer as cousas ben. Os nosos produtos demostraron ser máis que un sinxelo iogur, romperon as barreiras dos seus vasiños e conseguiron, coa túa axuda e compromiso, axudar a manter e preservar a contorna na que se producen. Por iso dicimos sempre que somos un proxecto 360º!
Procuramos sempre que os nosos produtos representen o esforzo de manter unha terra rica, chea de especies de plantas e animais que a consideren o seu fogar. Ademais, non somos os únicos que advertimos da necesidade de preservar as nosas terras desta forma. A Unión Europea avisou dos riscos da perda de biodiversidade causada pola produción intensiva de materias primas e, por suposto, xa tomaron medidas respecto diso con, por exemplo, o programa ‘Da Granxa á Mesa’, que busca, entre outras cousas a produción de alimentos cunha base sostible que teña a capacidade -e o
deber de preservar a contorna na que se asenta.
Neste vídeo pode ver as zonas máis icónicas do noso espazo natural protexido.
Cal é o resultado de todo isto?
O Espazo Natural Protexido trae consigo moi boas noticias para todas as especies de plantas e animais que conviven nos terreos declarados. Estas noticias resúmense nun dato moOoi claro: ninguén poderá acabar coa súa contorna. Nada que poida perturbar a vida de todas estas especies. Non só temos vacas felices! Tamén peixes, paxaros, ras, cans, ourizos e moitos bechiños máis!
É, por suposto, un orgullo tal recoñecemento, pero tamén é un alivio. Agora ninguén poderá trastornar a vida nin o hábitat da flora e fauna do lugar.
Foron felices e comeron… Iogur ecolóxico, claro!
Toca darche as grazas a ti. Coa túa confianza e apoio permitíchesnos chegar ata aquí.
E lembra que cada vez que apostas por un dos nosos iogures, apostas por un vasiño cheo de proxectos, de animais felices, de rural saudable e sostible, de vacas tranquilas e de xente que traballa todos os días con moOoito agarimo para que chegue á túa neveira.
Grazas!
¿Falamos?
Estamos 100% dispoñibles para ti.
¡Elixe o método de contacto
que prefiras!.
info@casagrandexanceda.com
981 687 007 ECOVISITAS: 682 867 417
Casa Grande de Xanceda s/n 15685
Mesía · A Coruña
GPS: Lonxitude » -8.2578 Latitude » 43.0815