Queres formar parte do noso equipo?
Ola!
Somos unha granxa láctea ecolóxica situada en Mesía, A Coruña. Temos 300 vacas moi felices e un estupendo equipo de 45 persoas. Co leite das nosas vacas facemos uns iogures ecolóxicos moooi ricos que logo comercializamos coa nosa marca.
Agora mesmo estamos a buscar a un bolseiro (tipo bolsa Feuga, Fuac ou similar) para que se incorpore ao noso equipo Comercial e lles de apoio a nivel administrativo- comercial.
Se queres ser candidato terás que:
Estudar unha carreira ou un ciclo relacionado coa administración
Manexar con soltura o paquete de office (Outlook, Excel, Word, powerpoint)
Saber atender ao cliente de forma excelente
Ter unha atención telefónica impecable
Ter dotes comerciais
Saber traballar en equipo
Ser optimista e ter unha actitude positiva
Ser super responsable e organizado
Ter unha ganas tolas de traballar e de aprender
Cumprir os requisitos para a contratación vía bolsa.
Por suposto se queres formarte con nos téñenche que entusiasmar os animais e o medio ambiente!
Ademais valoraremos moooi positivamente que vivas preto de Xanceda.
E se falas algo de inglés pois mellor que mellor (aínda que non é imprescindible).
Estas serán as funcións que aprenderás e nas que nos apoiarás mentres dure a bolsa:
Xestión e tramitación de pedidos
Xestión e tramitación de incidencias
Seguimento de accións comerciais e promocionais
Supervisión de facturas de clientes e provedores
Informes comerciais
Comunicacións a clientes
Axendas e organización de viaxes/rutas comerciais
Duración da bolsa: 6 meses prorrogables.
Incorporación inmediata.
Remuneración segundo condicións das bolsas feuga, fuac ou similar.
Se cumpres todos os requisitos e tes ganas de aprender e traballar nunha contorna inigualable, non o dubides e mándanos o teu CV cunha breve explicación porque ti es o candidato perfecto para nós.
Envíanos o teu CV con Foto a info@casagrandexanceda.com
Estamos esperándote!